GMH/ÍNDICE A-Z

393
1374, maio, 15
venda

Martín Pérez de Outeiro e Antón Pérez de Quintela véndenlle a Xoán Martínez, clérigo reitor da igrexa de Santiago de Carracedo, as dúas terceiras partes dunhas viñas en Ourense, por 550 barbudas.

ACOu, Escrituras XXI, 80

Sabean quantos esta carta viren que nos Martin Peres d’Outeiro e Anton Peres de Quinteela vendemos a vos Johan Martinez clerigo rector da eigleia de Santiago de Carrazedo e a toda vosa vos para senpre e logo por esta carta entregamos duas leiras de viña que jazen en termino d’Ourense hu chaman A Caal, as duas terças delas, as quaes viñas nos ficaron de Fernando Peres Fernando Freyra noso yrmao, as quaes de nos ten aforadas Fernando Cortiñas e Mior Eanes sua moller moradores en Ourense ena cruz do Çenteo, por tal condiçon que o dito Fernando Cortiñas e sua moller que vos den cada ano en pas e en salvo des livras de diñeiros brancos que a nos por elas ha de dar por aquel tenpo que as Fernando Cortyñas e sua moller de nos ten aforado, et o tenpo do aforamento conprido que vos o dito Johan Martinez e toda vosa voz aiades as ditas duas terças das ditas leyras por jur de herdade para senpre dezemo a deus. Vendemos vos as ditas duas terças das ditas leiras por preço çerto que a nos e a vos prouvo de nos por elas dardes, conven a saber quinentas e çinqoenta barbudas, as quaes quinentas e lª barbudas logo de vos reçebemos, de que nos outorgamos por ben pagados, e renunçiamos a lee de non numerata pecunia e a todalas outras lees que falan en este caso. Et obrigamos nosos beens de vos defender a dereito con esto que vos vendemos. Et todo jur, posison, auçon que nos avemos enas ditas leyras todo o tiramos de nos e poemolo en vos o dito Johan Martinez e en toda vosa vos. Et eu o dito Johan Martines asy reçebo de vos os sobre ditos as ditas duas terças das ditas viñas. Feita quinse dias de mayo, era de mill e quatroçentos e doze anos. Testemuyas Gonçalvo Gomes de Vilaboa, Johan Martines e Diego Canbaixeyro moradores aa igleia de Vilarrovin, Gonçalves Eanes e Pero Lourenço moradores en Carrasedo.

Et eu Rodrigo Afonso notario do couto de Vilarrovin e de Touges por noso señor o bispo d’Ourense e pola sua eigleia que a esto presente foy e esta carta escrivi e meu syno y fige que tal he.

(sinal)