GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

500
1347, xuño, 10. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a don Pedro Arias, mestrescola, e a unha voz o casal de don Broollo, na freguesía de San Martiño de Cotá, polo que deben pagar anualmente, como renda, 30 marabedís, tendo ademais a obriga de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 53v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 53.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos a vos don Pero Aras, meestrescola de Lugo, por en todos vossos dias et a huna perssoa qual vos nomeardes para esto, et non nomeando perssoa que seia aquela persoa que herdar vosos beens, o nosso casal de don Broollo, que he sub signo de San Martino de Cotan, con todas suas pertenenças et dereyturas, a a tal pleyto et vervo que vos façades y huna casa boa et a mantenades con as outras que y estam feytas en boo estado, et façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal, et dedes, cada anno, en salvo en Lugo por Natal a nos, ou a aquel que tever os aniverssarios da iglesia de Lugo, triinta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moeda del rey don Affonso, et aquela persoa que vos nomeardes et ficar enno dito vervo seia vassalo da iglesia de Lugo, et a tempo de vosso finamento que venna de nos resçeber o dito vervo, et a finamento d’aquela persoa, que ficar enno dito vervo, o dito casal deve ficar livre et quito a a iglesia de Lugo con as ditas casas feitas et con huna vaca et huna porca et çinquo rexelos para pobrança, et con todos los boos paramentos que y foren feitos. Et eu, o dito meestrescola que estou presente por min et por la persoa sobredita, assi resçebo o dito vervo do dito casal et obligo meus beens et seus para comprirmos o que sobredito he. Et que esto seia çerto nos, as partes sobreditas, rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo dez dias de junyo, era de mill et treçentos et oyteenta et çinquo annos.

Testemonias que foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Martin Peres, iuys; don Vaasco Dias, thesoreyro; Andres Peres, Pedro Galvan, Vaasco Rodrigues, Vaasco Peres, Fernando Affonso, Johan Dias, coengos de Lugo; Affonso Peres, Gomes Ferrnandes, clerigos do coro de Lugo; Fernando Peres, notario, ts., et outros muytos.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna pressença fiz scripvir et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.