GMH/ÍNDICE A-Z

928
1416, abril, 8. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Diego Rodríguez e a dúas voces un terreo para construír un muíño no río da Robra, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 118 r.


       

Sabeam quantos esta carta de aforamento viren como nos don Juan Martines, dean de Lugo, et as outras perssoas coengos benefiçiados et omes boos do cabiido da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo seendo juntados en nosso cabiido por campaa tangida, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et de outorgamento et consintimento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Diego Rodrigues das Camoyras, morador en Outeyro de Rey, et a vosa muller, Maria Diaz, et a outras duas perssoas despoys de vosso finamento, a huna perssoa qual nomear o postrimeyro de vos en vida ou a tempo de seu finamento, et a outra persoa que seia aquela que por lo postremeyro de vos for nomeada, huna praça en que façades et posades fazer hun moyno en o rio da Robra, deslo rio de Barseela ata a Portella de Aldemiz, con quatro braças de territorio todo enderedor o dito moyno, et que se faça orta ou o que vos quisserdes; o qual moyno ha de seer en o dito rio sub signo de San Fiiz de Robra, o qual foro vos fazemos con a seyda et entrada do dito moyno segundo a nos perteesçe et se debe andar et husar, a tal condiçon que vos, o dito Diego Rodrigues, façades o dito moyno en o dito rio et termino d’aqui ata hun ano primeyro comprido, et ho façades de boas paredes de pedra et ho cubrades de mandeyra et de loussa, et ho tenades vos et as ditas perssoas feyto et coberto et moente et corrente et en boo paramento; et dedes de foro et pensson vos, o dito Diego Rodrigues, et vosa muller en vossas vidas a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios, dez moravedis de moeda vella et de longos, et as outras duas perssoas que suçederen en o dito foro que den dez moravedis da dita moneda longos, et que os pagedes en cada hun ano en salvo en a dita çibdade de Lugo a o rendeyro dos ditos aniversarios por dia de Natal, et a finamento da pustrimeyra perssoa que suçeder en o dito foro que o dito moyno et praça et orta que vos aforamos arredor del fique moente et corrente o dito moyno et cuberto et erguydo, et a dita orta ben çerrada et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en elles foren feytos; et outrosy que vos, os ditos Diego Rodrigues, et vossa muller et perssoas non posades vender, nen eallear, nen supinorar o dito moyno et orta nen faser dela terço, nen contrauto a outra perssoa sen mandado et consintimento do dito cabiidoo su pena de perder o dito foro; et outrosy que as outras duas perssoas que suçederen en o foro depoys do finamento de vos, os ditos Diego Rodrigues et Maria Diaz, vossa muller, sean obligados de viir mostrar a o dito cabiidoo en como son foreyros do dito foro, et de o reçeber del do dia que foren nomeados por perssoas ata triinta dias primeyros segentes.

Et eu, o dito Diego Rodrigues, que presente estou por min et por la dita mina muller et perssoas asy reçebo este dito foro de vos, o dito dean et perssoas et benefiçiados do dito cabiidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus de comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra et por las claussolas et condiçoes en el conteudas.

Et nos, o dito dean et cabiido, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iusso escripto que fezese de todo esto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para nos o dito cabiidoo et outra para vos o dito Diego Rodrigues et vosa muller et perssoas, anbas feytas en hun tenor et as signase de seu signal, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, o dito Diego Rodrigues, con o sello do dito cabiido.

Que foy feyto et outorgado en a çibdade de Lugo, oyto dias do mes de abril, ano do nasçimento do nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron o que sobredito he: o dito don Juan Martines, dean; et Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et Rodrigo Afonso, juyz; et Rodrigo Ares, chantre de Santiago; et Lopo Fernandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Afonso Ares, Juan Diaz, coengos; et Pedro Fernandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, Roy Fernandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.