GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

339
1336, febreiro, 16. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Maior Arias, monxa de San Fiz de Cangas, e a dúas voces uns casais en Pazos de Sober, Santiago de Gundivós e Santa María de Proendos, por renda anual de cinco soldos. Deseguido, Maior Arias dóalle ao Cabido as súas propiedades en Moutarelle e reserva para si o usufruto destas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 6r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam da iglesia de Lugo, et o cabidoo dese miismo lugar, seendo iuntados en aquel lugar hu he acustumado de se faser cabidoo enna iglesia de Lugo por canpaa taniuda, damos et outorgamos a vos Moor Aras, monia de San Fiis de Cangas, que tenades de nos por en todos vossos dias et por outras duas pessoas semelavelles de vos et de tal condiçon commo vos quaes vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, o nosso casal dos Paaços de Sober enno qual ora mora Aras Eanes, et conna outra herdade que y trage Pedro Iuveu, et o noso casal de Gondiboos chamado de Soureyra que he sub signo de Santiago de Gondiboos, et o noso casal de Doade qu he sub signo de Santa Maria de Perendas, enno qual ora mora Iohan Fato; os quaes casares nos deu et mandou don Aras Ferrnandes, chantre que foy de Lugo, con suas dereyturas et pertenenças, a a tal condiçon que vos et aquellas pessoas que vos nomeardes que os façades lavrar et parar ben, et manteerdes as casas deles en boo estado, et dedes ende cada anno vos a dita Moor Aras por en todos vosos dias a nos o dito cabidoo et a os aniversarios por reverença çinquo soldos desta moneda del rey don Afonso; et as outras duas pesoas que nomeardes huna a pus outra en que fiquen os ditos casares, ou nomear aquela pesoa en que os vos poserdes, que den cada anno a o dito cabidoo çinquo moravedis, d’oyto soldos o moravedis, da moeda sobredita. Et a morte de vos, Moor Aras, et das pesoas que vos nomeardes ou nomear a pesoa en que vos os ditos casares poserdes, que fiquen os ditos casares livres et quitos et desenbargados a o cabidoo da iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con aquel provo que y enton andar, et aquelas pesoas que vos, Moor Aras, nomeardes semelavelles de vos en que fiquen os ditos casares quando vagaren de vos, que os venna reçeber da iglesia de Lugo et ata que os non veeren reçeber que non seian poderosos d’entrar os ditos casares. Et eu, Moor Aras sobredita, asi reçebo de vos, dayam et cabidoo, os ditos casares por min et por las ditas pesoas et asi o outorgo commo sobredito he. Outrosy eu a dita, Moor Aras, por esta graça que reçebo de vos os ditos dayam et cabidoo deste aforamento et vervo dos casares sobreditos dou a vos o dito cabidoo para iglesia de Lugo et para os aniversarios desa iglesia que aian para senpre por iur d’erdade toda a herdade que eu aio en Moutarelle que he sub signo de Santiago de Gondiboos, a qual erdade eu conprey de Afonso Arias de Chan de Villar, a qual herdade foy de Sancha Alvares madre de min Moor Aras, et vos dou et outorgo con todas suas dereyturas et pertenenças et casas en esta maneyra, conven a saber: que eu Moor Aras et as ditas pesoas que tennamos a dita herdade de Moutarelle et casares sobreditos en toda nossa vida, et a tenpo do finamento de min Moor Aras et das ditas pessoas que fiquen a dita herdade et casares a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos livres et quitos et desenbargados para senpre. Et eu Moor Aras prometo et outorgo de faser a abbadesa de San Fiis de Cangas que outorgue et aia por firme este contrauto et vervo en todo segundo que se en el conten tan ben da herdade sobredita que vos dou commo das outras cousas que se en este vervo conten. Et obligo min et todos meus bees de vos faser a dita herdade de Moutarelle de paz, et prometo de vos dar a carta por que aio conprado et gaanado este herdamento de Moutarelle. Et iuro sobre sanctos avangeos, taniudos corporalmente con minnas maos, que o conpra asi en todo sen outra contradiçon ninhuna, et que nunca venda, nen ealle, nen supinore, nen malpare por min nen por outrem os ditos casares nen cada hun delles nen a dita herdade de Moutarelle, en morte nen en vida, et que eu et as ditas pessoas que os leyxemos a vos o dito cabidoo commo sobredito he, et se pe-lla ventura eu avia algun dereyto ou outren por min ennos ditos casares ou nos outros herdamentos do dito chantres por qualquer raçon renunçio et quitome del, et prometo pe-llo dito iuramento que nunca o demande por min nen por outrem en nihuna maneyra que seia para senpre iamays. Outrosi se pe-lla ventura me algun demandar os ditos casares que vos que me anparedes a dereyto. Et eu et as ditas pessoas que eu nomear en que fiquen os ditos casares que nos defendamos de força. Et que esto seia çerto et non vena en dulta nos as partes sobreditas rogamos et mandamos a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo a outra, huna carta que desse a dita Moor Aras et outra que possese no livro do cabidoo sobredito.

Feyto foy esto enno thesouro da dita iglesia de Lugo XVI dias de freveyro, era de mill et CCCos LXXta et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Diego Fernandes, archidiago de Neyra; don Pedro Royz, archidiago de Deçon; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Iohan Ferrnandes, Fernando Affonso, Vaasco Rodrigues, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Iohan Gutierres, raçoeyros de Lugo; Pedro Ferrnandes, Françisco Guillelmes, Iacome Affonso Eanes, Affonso Peres Ianeiro, coengos d’aniversario da dita iglesia de Lugo; Fernan Ferrnandes de Çedron ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito dado pella auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy et vi commo a dita Moor Aras feço iuramento sobre sanctos avangeos, corporalmente taniudos [...], enna maneira que sobredita he, et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fis scrivir en este livro do cabidoo sobredito et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

abadesa; administración; aniversario; arcediago; arquivo; bieita; bispo; cabido; campá; canon foral; casas; catedral; chantre; chantre; cóengo; construción; coro; crego; dignidades; doazón; escritura; evanxeos; familia; filla; fundación; gando; herdanza; libro do cabido; licenza; marabedí; medidas; mesa capitular; monxa; mosteiro; muller; nai; notario; obrigación; orde de San Bieito; pazo; racioneiro; rei; soldo; tenza; tesoureiro; tesouro; venda; xuramento; deán

Persoas

Afonso Ares de Chan de Vilar; Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Pérez Xaneiro, crego do coro de Lugo; Afonso XI, rei de León e Castela; André Pérez, cóengo de Lugo; Ares Eanes; Ares Fernández, chantre de Lugo; Ares Páez, tesoureiro de Lugo; Diego Fernández, arcediago de Neira; Fernando Afonso, cóengo de Lugo; Fernando de Deus, chantre de Lugo; Fernando Fernández de Cedrón, crego do coro de Lugo; Francisco Guillermez, crego do coro de Lugo; Maior Ares, monxa; Pedro Fernández, crego do coro de Lugo; Pedro Ruíz, arcediago de Dozón; Roi Fernández, notario; Sancha Álvarez; Vasco Rodríguez, cóengo de Lugo; Xácome Afonso Eanes, crego do coro de Lugo; Xoán Fernández de Baldaio, cóengo de Lugo; Xoán Gutérrez, racioneiro de Lugo; Fernando Ares, deán de Lugo

Outros

Castela, reino; San Fiz de Cangas, mosteiro; Lugo, cabido

Lugares

Cangas, San Fiz, mosteiro; Cedrón, Santiago; Chan de Villar; Doade; Dozón, arcediagado; Gundivós; Gundivós, Santiago; Lugo; Moutarelle; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Pacios, Os; Proendos, Santa María; Sobreira