GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

9
1292, decembro, 13

Elvira Fernández véndelles a Pedro Martínez e á súa muller, Maior Iáñez, unha casa na rúa dos Arcediagos por 450 mrs.

 

ACOu, Clérigos do Coro, 123

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 525-526, doc. 677)

IN NOMINE DOMINI NOSTRI IHESU CRISTI AMEN.

Sabean quantos esta carta viren commo eu Elvira Fernandez moller que foy de Martin Eanes d’Ourense, por min e por toda mia voz vendo a vos Pero Martines morador dese lugar e a vossa moller Moor Eanes e a toda vosa voz por herdamento por senpre una casa que está na rua dos Arçidiagos con todas suas perteenças, a qual eu e o dito Martin Eanes conpramos de Diego (...) foy de don Estevoo Paez de Ourense e iaz ontre a casa de don Aras Paez e de sua moller donna Este(veiña ... Fernando) Dominguez e sua moller donna Elvira da huna parte e o soar que foy do dito Martin Eanes meu marido da outra parte et entesta en fondo na casa de Maria Eanes criada que foy de Johan Periquino coengo de Ourense e fere na rua publica dos Arçidiagos, a qual casa est de deçema a deus, livre e quite de todo outro enbargo e servidue salvo fumagen. Et esta casa vos vendo enteyramente por preço de quinentos e çinqoenta mor. de affonsinos de oyto soldos o mor. do qual preço me outorgo por ben pagada. Et renuncio que nunca possa deçer que me o dito preço non foy dado e contado, e pasou a meu iur e a meu poder conpridamente. Et logo todo iur, dereyto, senorio, propiedade e possissom e toda cousa que a min perteençe et perteençer podia por raçon da dita cassa todo o tollo de min e de mia voz e por esta presente carta meto vos e vossa voz en corporal possissom da dita casa e de suas perteenças. Et en pleyto vos pono que se vos alguen de mia parte ou de parte do dito Martin Eanes meu marido que foy ou de outra qual quer parte vos tomar ou demandar a dita casa ou parte della en juiço ou fora, et me obligo que tome o pleito en min e o sega ata a fin del por miña custa e cada que me vos disserdes que vos defenda e o tome e sega en guisa que vos e vosa voz seiades ende livres e quites sen danno e sen perda e sen (...) toda a casa sobredita enteyramente. Et para conprir as cousas sobreditas obligo a min e a todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen contra esta vendiçon veer aia a ira de deus por senpre e peyte a vos por pena esta cassa dobrada e a vos del rey por pena c mor. da moeda nova ante que en juiço nen fora seia oydo. Et a carta fique a todo tenpo firme. Regnante en Leon e en Castella rey don Sancho, bispo en Ourense don Pero Yanes, endeantado moor del rey en Galliça don Pay Gomez. Feita a carta en Ourense, treze dias do mes de deçenbro, era de mill e treçentos e triinta annos.

            Domingo Perez mercador

            Garcia Perez piliteyro

            Lourenço Eanes corredor                                de Ourense

            Martin Dominguez mercador

Et eu Johan Perez de Ourense notario da igleia de Roma e del rey a esto foy presente e este estrumento ende fez, no qual meu sinal puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso]          Carta de venda da casa da rua dos Arçidiagos.