GMH/ÍNDICE A-Z

31

1417, marzo, 15.
 O Concello ordena ós veciños de Santiago, Fernán Pasete e Juan Rodríguez Alvariño, que estivesen dispostos cos pesos para pesa-lo peixe fresco e seco que se vendese na cidade.

Dia lũus, quinze dias do mes de março. Sabean todos que seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario publico da çidade de Santiago, segundo que hes de costume, presentes enno dito consistorio Pero Yanes Abraldes, alcallde enna dita çidade et Martin Serpe et Martin Galos //  
(Fol. 15 vº)
et Afonso Fernandes Abril et Fernan Golçalves do Preguntoiro et Juan Aras da Cana, jurados enna dita çidade et en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et en todos los seus regnos et escusador por Rui Martines, notario publico da çidade de Santiago jurado et das testemoyas adeante scriptas; enton o dito conçello, alcallde et regidores diseron que mandavan et mandaron a Fernan Pasete et Johan Rodriges Alvariño veziños da dita çidade que estevesen enna casa do pescado da dita çidade ou fora dela con os pesos que estavan hordenados para pesar o pescado fresquo et secuo que se vendese enna dita çibdad et que pesasen ou fezesen pesar por los ditos pesos do dito conçello todo o pescado que fose vendido por las pescadeyras da dita çidade et por outras personas que o a ela trouvesen a vender et podesen entrar enna dita casa quando et cada que quisesen para pesar et faser pesar o dito pescado, et aquela persona que achasen que o non pesava por los pessos dereitos da dita çidade segundo que estava hordenado que fesesen delo relaçon aos alcalles da dita çidade para que fesesen exsecuçon en bẽes das taes personas que vendesen o tal pescado por los pesos non çertos. Testemoyas Vaasco Gomes de Marçoa et Juan da Cana et Gonçalvo de Canas, Ares Chantreiro, Johan Garçia et Juan Dominges de Linares veciños da dita çidade et Gil Peres et Bernal Yanes, procuradores do conçello da dita çidade.