GMH/ÍNDICE A-Z

365

s/d

Xoán de Santo Antón, morador en Barbadás, vende a Xoán de Vilarchán casas, adegas, viñas e parte dun souto, lagar, tinalla e cuba que foron de Afonso Branco, de quen é cumpridor, por 1.800 mrs. (fol. 110-110v)

Carta de carta de Joan de Vylarchaan. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu Iohan de Santo Anton, morador enna aldea de Barbadaas et conpridor que soon et fiqey de Afonso Branco, neto de Gonçalvo Branco, morador que foy enna dita aldea de Barbadaas, para conprir as mandas e testamento do dito Afonso Branco, vendo firmemente e logo por esta presente carta entrego a vos Joan de Vylarchaan que sondes presentes et a vosa moller Maria Lourença que non he presente, moradores enna dita aldea de Barbadaas, et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos vendo estes beens que se sigen que foron do dito Afonso Branco: todas las casas e adegas que foron e ficaron e peteesçian ao dito Afonso Branco, et con ameatade de todas las viñas que foron do dito Afonso Branco e ficaron de seu avoo Gonçalvo Branco e que elles avyan en termino da dita aldea de Barbadaas et con ameata; iten vos vendo mays a quarta parte do souto de Penna do Corbo e con os castineyros que estan \a vina da/ a Batoca et con ameatade do seu souto que el tiña en Seoane et con a quarta parte do lagar que se enna dita aldea de Barbadaas e con ameatade de huna tinalla que leva dose moyos de lagar ( fol. 110)
et con ameatade de huna cuba que leva tres moyos de lagar, et con a que ven et con a quarta parte do lobeo que esta ante a porta donde morades vos o dito Joan de Vylarchaan. Vendo vos todoslos ditos beens de suso nomeados con todas suas entradas etç. por tal condiçon que façades os foros aos señorios segundo que os an de aver porlos ditos beens et do al vendo vos dos ditos et segundo que o dito Afonso Branco et Gonçalvo era tiundo de faser, et do al vendo voslos ditos beens de disemo a deus para por senpre, asy que vos e vosas voses os ajades por jur derdade et façades delles etç., ca conosco et outorgo que reçeby de vos todo o preço que a vos e a min aprouvo de me por elles de conpra dardes, conben a saber mill et oytoçentos mrs. de moeda vella contando branca en tres dños., dos quaes me dou por pago etç. e se mays val dou voslos en pura doaçon etç. et logo todo jur, dereito senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu e todas miñas voses e do dito Afonso Branco avyamos aos ditos beens todo o tiro e remo et parto de min et de todas miñas voses e os poño e dou e traspaso en vos o dito Joan de Vylarchaan et enna dita vosa moller e en todas vosas voses para senpre et por esta presente carta vos poño enna posison etç. e renunçio etç. et obrigo os beens do dito Afonso Branco para voslos faser saaos et de pas etç. Penna mill mrs. etç. e a el rey outros tantos etç. Carta de venda forte e firme etç. Tests. Afonso do Cabo et Rodrigo escripvan vesiños d’Ourense et Joan Rugel morador en Vyla Robyn. ( fol. 110v)