GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

304
1350, decembro, 6 (Sabadelle)
partilla

Partilla de bens feita entre Lopo Rodríguez de Sabadelle, a súa irmá Costanza Rodríguez e Elvira Ares en nome dos seus fillos Rodrigo e Álvaro.

ACOu, Escrituras X, 21

Sabean quantos esta carta viren que esta he a partiçon que foy feita ontre Lopo Rodriguez escudeiro d’Aguiar morador en Calvelle por sy de huna parte e sua yrmaa Costança Rodrigues moradeira en Ourense con outorgamento de Domingo Affonso seu marido que era presente e outorgante e Elvyra Ares moller de Roy Peres dito Sabadelle escudeiro que foy d’Aguyar por nome de seus fillos Rodrygo e Alvaro, que estava presente e outorgante, os quaes ela ouvera do dito Roy Peres seu marido que foy e os quaes tiiña em guarda elles e seus beens, da outra parte. A qual partiçon ontre os sobre ditos Lopo Rodriguez e Costança Rodriguez e Elvyra Ares e seus fillos por mandado de Martin de Deus, juyz en terra d’Aguiar pola igleia de Santiago, foy feita por Johan Lourenço morador en Sabadelle e por Johan Calvelle e Johan da Sovereyra moradores na friigesya de Sam Miguell de Calvelle, que foron dadas porlo dito juyz a pydymento das partes por ommes boons (...) entre elles todallas herdades e casares e arvores e foros e dereyturas que Aldonça Rodrigues donna que (...) padre dos ditos Lopo Rodriguez e Costança Rodriguez avyam en terra d’Aguiar et as outras herdades que (...) desenbargadas e sem contenda que foran de Rodrigo Ares seu padre que foy marido da dita Aldonça Rodrigues, das quaes (...) e beens acaeçeu em partiçon aa dita Costança Rodrigues e a seus subliños Rodrigo e Alvaro na huna meatade por escolleyta que lle o dito Lopo Rodriguez deu e mandou que escollessem e tomasem qual partiçon elles quisessem tomar e que a ouvesem para senpre sem seu contradyzemento, conven a saber o casar de Rioseco con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças et a meatade do casar de Reborredo que tiña Roy Sabadelle con as duas fanegas de çenteo que am de dar do casar que foy d’Ares Peres de Reborredo e con meatade do muyño vello e con o foro das Quintaas que ora teem fillos de Domingo Eanes e de Sancha Fernandez. Et aynda lles acaeçeu em partiçon a seara da viña de Calvelle que foy do dito Rodrigo Ares marido da dita Aldonça Rodrigues con suas arvores assy commo está tapada e çerrada de muro e de vallado e de sylvar. Et por esta acaeçeu em partiçon ao dito Lopo Rodrigues todo o quiñon e dereito que a dita Aldonça Rodrigues avia enno casar de Casdalvyto, que he enna friigesia de Sam Martiño de Sabadelle, con toda sua dereytura e o casar de Nugeyroaa con todos seus dereitos e perteenças e o casar de Feramontaos con os foros e dereitos que a dita Aldonça Rodriguez avia em esa friigesia de Feramontaos e con a sua leyra de Costella. Et aynda lle acaeçeu em partiçon a leyra de viña de Velle con as outras viñas que a dita Aldonça Rodrigues avya na friigesia de Sam Martiño de Sabadelle, tan ben as dyzemo a deus commo as outras viñas que lle a ella fazian foro, e con os capoens e diñeiros e galyñas e pan e viño que aa dita Aldonça Rodrigues davan de foro na dita friigesia de Sabadelle, tyrado ende a dereytura do casar de Casdalvyto que non vay em aquesta partiçon. Et as quaes partiçoens os sobre ditos Lopo Rodrigues e Costança Rodrigues e Elvyra Ares e seu fillo Alvaro tomaron e reçeberon cada huun em sy a sua partiçon que lle acaeçeu segundo que som escritas, et prometeron e outorgaron que nunca contra ellas vyesem nen pasasem em ninhuun tenpo por sy nen por outre em juyzo nen fora de juyzo. Et poseron e outorgaron estas partes sobre ditas que qual quer (delas) que contra estas partiçoens viese ou pasasse commo quer ou en qual quer maneira e non quisese por ellas estar adeante segundo que entre ellas foran feitas, que peytase por nome de pena aa outra parte que por ello quisese estar çem mor. de diñeiros brancos e aa voz del rey outros tantos peytase de pena, et a pena pagada ou non que estas partyçoens fosem firmes e estavalles entre elles e sua voz adeante para senpre. Et a dita Costança Rodriguez disso que commo quer que ella reçevese em sy a sua parte que lle acaesçia a aver dos beens da sua madre, que protestava que a salvo lle ficase adeante todo seu dereito para demandar partiçon nos beens que y ficaron de parte do dito Rodrigo Ares seu padre que foy, por que non ouvera delles o seu quiñon. Esto foy em Sabadelle de terra d’Aguiar, domingo seys dias de dezenbro, era de mill e trezentos e oyteenta e oyto annos. Testemuyas que presentes foron Roy Martines prellado de Sam Martiño de Sabadelle, Domingo Fernandes de Lagoços, Johan Fernandez prellado de Sam Miguell de Mellees, Roy Martines escrivan morador em Ourense.

Et eu Affonso Eanes notario publyco en terra de Aguyar por noso señor o arçibispo e porla igleia de Santiago que a esto chamado e rogado presente fuy e a pidimento das partes sobre ditas ende escripvy duas cartas anbas feytas en hu[n] tenor e en cada huna delas puge meu nome e meu sinal em testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de partiçon de Lopo Rodrigues e de suas yrmaas.