GMH/ÍNDICE A-Z

114

febreiro, 24

Afonso García de Toledo, colledor da alcabala do viño, outorga carta de pagamento a Abrahán de León de 5.000 pares de brancas que rendeu a fieldade da dita alcabala deste ano. (fol. 36)

A moy nobre pesona de Abraan de Lion.

En este día Afonso Garçia de Tolledo, colledor da alcavala dos viños da çidade d’Ourense deste dito anno, outorgou carta de pago Abraan de Lion de çinqo mill pares de brancas, os quaes çinqo mill pares de brancas del reçebiu para en pago dos mrs. que o dito Abraan colleu et rendou da fieldade da alcavala dos viños desta dita çidade deste dito anno de que se deu por pago. Tests. Afonso Garçia, Ares de Doade, Joan Çereyjo. (fol. 36)