A Vº dias do dito mes mestre Fernando e Afonso Anriques, juises d’Ourense, mandaron por sentença a Pero da Barreira carniçeiro, que doje (a IX)* /VI\ dias primeiros sigentes dese e pagase a Loys Gonçalves rejedor duas quartas de boon
viño que confesou que lle devia de foro de huna viña e con ela fesera aviinça, e non las dando ao dito termino que lle pague por elas a como valuese o
viño en esta çibdade. Tests. Afonso Gonçalves raçoeiro, Afonso do Cabo, Afonso Fernandes notario, Joan Vasques clerigo.