GMH/ÍNDICE A-Z

118
1457

-118-

En Rriãjo, XVIJ djas do dito mes, ano4 dito. Este dja, Jon Ares de Figeyroa, morador ẽno / Araño378, diso que, por quanto Vasco Chico d'Asados lle avía mostrado çertos bẽes / mobles379 que ficarõ de súa moller, Tareyia Ares, que perteesçíã a Pedro e Rrodrigo4, / fillos do dito Vasco Chico e Tareyia Ares, menores, que lle rrequiría como curador380 que lle fesese juramento / se avía4 máys bees ou quedarã da dita súa moller, que llo disese e / decrarase por juramento dos santos euãgeos. E logo o dito Vasco Chico feso juramento / sóbrela sinal de381 crus4 e los santos euãgeos en forma de dereyto, e diso / que el nõ tyña ne[n]20 quedarã máis bẽes da dita Tareyia Ares, súa moller382, / que el soubese e se acordase máys de aqueles que el lle avía / mostrado e (cõ) cõtado, e se máis bẽes rremaneçesẽ e en / todo tenpo se achasẽ, que aos ditos menores perteesçesẽ, que fosẽ / para os ditos menores; e o dito Jon Ares tomouo por testimoyo, et çétera. Testigos: / Ferrnando de Catoyra e Pero Torrado e Afonso Peres, jenrro do dito Vasco Chico. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
20. Falta o n.
378. Despois está riscado e.
379. Despois está riscado de.
380. Como curador está entreliñado.
381. Escribiu da e corrixiu en de
.382. Súa moller está escrito sobre unha mancha.