GMH/ÍNDICE A-Z

113
1311, agosto, 1
Afonso Pérez véndelle ao clérigo Mateo Pérez a cuarta parte dunha casa en Portomarín por 300 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 130x210 mm.

Sabeam quantos esta carta viren como eu Afonso Peres, çapateyro, fillo que foy de Pedro de Naron et de Maria Eanes, por min et por toda mina vos, a vos Mateu Peres clerigo et a todas vosas voses, vendo a quarta da casa que esta entre la casa que foy d'Adan. Esta casa vos vendo con todas suas dereyturas et pertenenças et con suas agoas vertes como van do rio do Mino et sal na rua do Camino Françes en Portomarin ena parte do arçobispo, su signo de San Pedro. Et reçebi de vos en preçio CCC soldos da moneda del rey don Fernando, presio que a mi et a vos ben prouvo, et de que me outorgo por ben pagado. Et se algen, da mina parte ou d'estraya, a vos quiser enagear ou demandar peyte a vos del rey duçentos soldos et a vos quanto os demandaren en dobro.

Et eu por min et por minas boces outorgo de vos anparar con esta vençon a todo tempo.

Feyta a carta primeyro dia d'agosto, era de mill et CCC XL et nove anos.

Testemoyas que presentes foron: Pedro Rodrigues (O resto ilexible. Signo do notario Iohan Escrivan).