GMH/ÍNDICE A-Z

18
1286-1295

venda

Esteveíña véndelles a Domingo Pérez e a súa muller, Tareixa Gómez, o foro de terza sobre dúas viñas en Moreiras por 700 soldos.

 

ACOu, Escrituras XXI, 35

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 548-507, doc. 695)

 

In nomine domini amen. Sabean quantos esta carta viren (...) Esteveyña çidadaa de Ourense vendo a vos Domingo Perez e a vossa moller Thereya Dominguez de Moreyras e a toda vossa voz por senpre o foro de terça e todo o senorio que eu avia aver cada anno de duas leiras de vina que iazen en essa fiigresia de Moreyras, as quaes vinas vos agora teedes. Et una dellas iaz no lugar que chaman Lagoa e entesta ençima na herdade do bispo que agora ten Martin Calvo e fere en fondo na vina de Johan Eanes canonigo e iaz ontre a viña de Martin Moogo da una parte e a viña de Domingo (...) da outra parte. A outra leyra entesta en çima no terreo que agora ten Pero (Regada) e en fondo fere na vina de Johan Barrosso e iaz ontre o baçelar de Domingo de Armeses da una parte e a viña de Marina Lopez da outra parte. O qual foro e senorio vos vendo por seteçentos soldos da moeda da gerra. Et deste preço outorgome por bem pagada, et renuncio que non possa diser que me o dito preço non foy dado nen contado (...) renuncio mays (...) toda a mooria en doaçon (...) que me feçe(stes ...) que mo façades e que (...) façades despois (...) cada cousa que (...). Et todo iur, senorio (... propieda)de, possisson todo o tollo de min e por esta carta que (...) vos en corporal possisson do herdamento sobredito (...) a dereyto por min (...) bees. Et quen quer (...) veer aia a ira de deus e a miña maldiçon e peyte (...) e a voz del rey c mor. (...) era de mill e trecentos (...) Castella rey don Sancho, bispo de Ourense don Pero Eanes (...) a carta (...) Johan Martines escrivan (...).

(...) Roma a esto foy presente.

(sinal)

[reverso]          Carta da conpra de Domingo Perez do herdamento de Moreyras.