GMH/ÍNDICE A-Z

259
1342, setembro, 26
venda

Elvira Aras véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle a terceira parte do casal de Vilarchao por 100 mrs.

Afonso Iáñez véndelle a súa herdade en Calvelle por outros 100 mrs.

ACOu, Escrituras X, 49

Enno nomme de deus amen. Sabbean quantos esta carta viren que eu Elvira Aras, criada d’Aras Gonçalves que foy de Calvelle e filla de Marina Eanes que foy moller de Gonçalvo de Calvos que morou en Ourense, con outorgamento de Lourenço Martines meu marido que é presente e outorgante, vendo e entrego por esta carta a vos Loppo Rodrigez escudeiro d’Aguiar, fillo de Rodrigo Aras cavalleiro que foy dessa terra e de Aldonça Rodrigues que foy sua moller, toda a terça do casar que está en Villarchaao, que está enna friguisia de San Miguell de Calvelle, o qual casar foy de Gonçalvo Eanes cavalleiro e de donna Tereija sua moller que foron moradores em Calvelle. Vendo a vos toda a terça do dito casar a montes e a fontes con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças. Que vos e toda vosa voz aiades e pesuiades a terça parte do dito casar em iur derdade para por senpre de dizimo a deus e livre e desenbargado e quite doutro enbargo, salvo a froyta das arvores que façades foro de quarta ao señorio. Ca outorgo e conosco que reçebi de vos por esto ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos por ello aprouvo, conven a saber çen mor. de brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso doyto en soldo cada mor. dos quaes mor. me outorgo por ben pagada. Et outorgo anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con a terça parte do dito casar que vos vendo commo dito e por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta carta e venda veer ou passar aia a yra de deus e a mina maldiçon e peite a vos ou a vossa voz por nomme de pena çem mor. de brancos e aa vos del rey peite outros tantos e esta carta e venda fique firme e valla para senpre.

Et eu Affonsso Eanes dito Reverdello, morador na Curugeira de cabo Çeim, con outorgamento de mina moller Maria Migues que é presente e outorgante, vendo e outorgo por esta carta a vos o dito Lopo Rodrigues toda quanta erdade, casas, arvores, cortinas, voz, quiñon e dereito, tanben de foro commo de disimo a deus, a montes e a fontes, con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças, que eu aio e me perteençen e deven perteençer de dereito enna friguisia de San Miguell de Calvelle e em todos seus termios. Qui vos e toda vossa voz aiades e pesuiades a dita erdade e cousas sobre ditas en iur derdade para por senpre e façades os foros e dereitos que por y a daver o señorio e livres e quites doutro enbargo. Ca outorgo e connosco que reçebi de vos por esto ben e conpridamente todo aquel preço que a min e a vos aprouvo de me por ello dardes, conven a saber çem mor. de brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonsso doyto en soldo cada mor. dos quaes mor. todos me outorgo por bem pagado e entrego. Et outorgo a anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con a dita erdade e cousas sobre ditas que vos vendo commo dito é por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que vos contra esta carta e venda veer ou passar en parte ou en todo aia a yra de deus e a mina maldiçon, et peite a vos ou a vossa voz quanto demandar dobrado e aa voz del rey peite por nomme de pena çem mor. de brancos. Et a pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte e seys dias de setenbro, era de mill e tresentos e oyteenta annos. Testimonyas que a esto foron presentes Affonsso Froytosso, Domingo Martines escrivaens, Johan Martines çapateiro da rua dos Çapateiros, Johan Gonçalves alffayate morador no Canpo.

Et eu Affonso Eanes notario publico en Ourensse pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en mina presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimonyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta das erdades de Calvelle.