GMH/ÍNDICE A-Z

843
1381, outubro, 8. Lugo
Estevo Eanes dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo canto lle pertence en San Vicente de Coeo por doazón da súa filla. (Inclúe a carta de doazón: 1379-VII- -25, CD n.º 801).
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 33v.

Sabeam todos commo eu Estevoo Eanes, çapateyro, morador enna çiudade de Lugo, de minna livre voontade dou en doaçon pura et firme para senpre jamays por jur de herdade commo mellor pode et deve valer de dereyto a vos, o moyto onrrado sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a a dita vosa iglesia de Sancta Maria de Lugo, todos los herdamentos et casas et chantados que eu aio et me perteesçen enna fiigresia de Sant Viçenço de Coe hu quer que vaan a montes et a fontes, as quaes y aio et me perteesçen por doaçon que me delles feso Mayor Estevees, mina filla, por huna carta subscripta et signada con sinal de Lopo Afonso, notario publico de Santiago, d’aqual o tennor he tal:

Segue a carta de doazón: 1379-VII-25, (CD n.º 801).

et por esta presente carta vos ponno logo et entrego enno jur et posison et propiadade dos ditos herdamentos et beens rayses, et renunçio et prometo a a boa fe que nunca contra esta doaçon vaa nen pase por min nen por outren en vida nen a a morte, et se tentar de o faser mando et quero que me non valla nen seia sobrelo oydo, et obligo meus beens para vos faser senpre a dita doaçon de pas. Et que seia çerto roguey a Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, oyto dias d’outubre, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Testemoyas: Pedro Afonso de Sande; Afonso Touron, notario da audiencia do dito sennor obispo; Ruy Gonçalves, Johan Ferrnandes, criados do dito sennor obispo, et outros moytos.

Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a pedimento do dito Estevoo Yanes esta carta en minna presença fis scripvir et puge y meu signal.