Acta notarial relativa á toma de posesión dunha casa na rúa Nova polo racioneiro Xoán Fernández en representación do Cabido.
Era
de mill et CCC LXXXª et hun annos, viinte et oyto dias de mayo. En
presença de min Fernando Garcia, notario publico de Lugo, et das
testemoyas subscriptas, Arias Ferrnandes de Burgo Novo, en seu nome
et de sua muller, Mayor Afonso, meteu corporalmente a Iohan
Ferrnandes, raçoeyro, procurador do cabidoo de Lugo, en seu nome et
da iglesia de Lugo, ena meatade da cassa que esta en rua Nova en que
mora Affonso Pellaes, carpenteyro, con sua cortinna et con todas suas
pertenenças et dereyturas. A qual meatade o dito Aras Ferrnandes
comprara do dito Affonso Pellaes, estando presentes este Affonso
Pellaes et [...] tirousse do iur et posison dela. Et o dito Iohan
Ferrnandes asi a reçebeu en seu nome et do dito cabidoo et da
iglesia de Lugo.
Testemoyas:
[Fernando Peres], clerigo do coro de Lugo; Fernando Afonso,
demandador; Domingo Ferrnandes, freeyro; Vaasco [...]; Iohan [...].
Eu
Fernan Garçia, notario sobredito, a escripvi et fuy presente et puge
y meu signal.