GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

16
1302, febreiro, 1

Preito mantido entre Rui Pais e Xoán Pérez sobre a propiedade dunha leira en Cuíña. Resolve o cóengo Fernando Fernández.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/1, pergamiño orixinal, galego, gótica cursiva, 125x210 mm.

Conusçuda cousa seia que como contenda de juyço fosse entre Ruy Pelaes por si et por sa muler Maria Perez de una parte, et Johan Perez cunado deste Ruy Pelaes da outra parte, sobre raçon de una leyra que demandava este Johan Perez a Ruy Pelaes que diçia que era do casal de Coyna, que seu padre et sa madre, deste Johan Perez, sogros deste Ruy Pelaes advervaran a o bispo, et que a divia teer este Johan Perez. Et sobre demanda de pan que dicia este Ruy Pelaes que divia aaver per aquel casal do vervo, segundo a manda que diçia que feçeran Pedro Perez et sua muler Marina Martinez, seus sogros, et sobre outras demandas de custas et outras cousas que se demandavan. Elles de seu plaçer meteronse in mao de min Fernan Fernandez, coego de Lugo, que eu que visse as demandas que se façian uuns a outros et as deffenssoes que cada una das partes por si poynan, et o dereyto que por si avian, et se os podesse aviir, se non que mandasse entre eles o que achasse por dereyto, et o que non estese a o meu mandado peytasse a a outra parte Lª moravedis, et o mandado que eu desse ficasse valiosso.

Et eu Fernan Ferrnandez o sobredito recibi in min o preyto, et vi as demandas que se facian, et as raçoes que por si poynan et o dereyto que por si avian, et a plaçer deles mandey et por la pena que peraran entre si, que Johan Perez de una terça de ceveyra de pan cada ano a Ruy Pelaes et a sua muler por raçon de manda de seus sogros de boo pan cumunalmente como o ouveran no casal, et tres oytavas de milo; et Ruy Pelaes que le entrege aquella leyra sobre que contendian, et estas tres oytavas de milo outrosi que las de cada ano et se non veer milo que las de de ceveyra cumunal si la ouver in no casal do vervo, et as custas que esten vas por outras. Et as partes presentes receberon este mandado.

Era de mill et CCC et XXXX anos, in dia de kalendas fevereyras.