GMH/ÍNDICE A-Z

204
1324, marzo, 13. Lugo
O Cabido de Lugo dálle a María Arias o forno da Cóenga, ela fará bo pan e darallo cada día.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 14v.

Era de mill et treçentos et sesaenta et dous annos, XIIIe dias de março. Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam et cabidoo de Lugo, da huna parte, et Maria Aras, criada d’Areas Nunes, da outra, façemos tal pleito entre nos. Conven a saber que nos, dayam et cabidoo, damos et outorgamos a vos, Maria Aras, o forno da coenga [et o moyno] chamado do iuys, aquello que nos y avemos; et han vos a dar cada hun amiistrador huna mea terça de boo çenteo et outra de voo trigo para o pan da coenga tal de que nos paguedes. Et se sobre-lo triigo for contenda [...] algun tri[...] que se [...] a mandado et esguardo do meestrescolla et do juys. Et se estes aqui non foren que se paren a mandado et esguardo d’outros dous do cabidoo quaes mandaren os do cabidoo que non seian meseyros. Et vos, Maria Arias, devedes a faser boo pam et dar-lo cada dia commo he custume de o daren. Et esta carta sea firme et dereyta et sabuda. Et se asi non feçerdes que seiades teuda a condiçion que por esta raçon [...] segundo he custume da iglesia de Lugo de condenaren o meseyro por raçon de dar mao pam. Et nos ( o resto ilexible).