GMH/ÍNDICE A-Z

638
1361, agosto, 18. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ao notario Gonzalo Pérez e á súa muller e a unha voz un soar na rúa de Bermudo Sánchez por renda anual de cinco marabedís e a obriga de construír unha casa. Deseguido, o Cabido exime da renda o primeiro beneficiario.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 109v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Fernandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de huso et de custume, con outorgamento de don Alvar Rodrigues, juyz, et Jacome Peres, rendeyros dos aniversarios da dita iglesia, avervamos a vos Gonçalvo Peres, notario de Lugo, et a vosa muller, Iohanna Peres, et a huna perssoa qual o pustrimeyro de vos nomear, huna praça de casa, que esta en Lugo enna rua de Vermun Sanches, entre a casa en que ora mora Domingo Martines, mercador, da huna parte, et a casa en que mora Rodrigo Eanes, freeyro, da outra, por en toda vosa vida et da dita persoa en esta maneyra conven a saber: que façades y huna cassa con sobrado et cuberta de tella, segundo suya estar quando estava feyta, et a mantenades en boo estado, et dedes dela, de cada anno, vos et a dita perssoa, a o que tever os aniverssarios da dita iglesia de Lugo, çinquo moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso por dia de Santa Maria de agosto. Et nos, los ditos dean et cabidoo, por fazemos merçee a vos, lo dito Gonçalvo Peres, por moyto serviço que nos senpre feçestes et fasedes quitamos-vos os ditos çinquo moravedis por en toda vosa vida, et a pasamento de vos anbos, et da dita perssoa ha de ficar a dita casa livre et quita et desenbargada a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres, por min et por la dita minna muller et por la dita persoa asy o reçebo de vos o dito vervo da dita cassa, et obligo meus bees para faser et comprir et pagar o que sobredito he. Et nos, os ditos dean et cabidoo, assy vos lo outorgamos. Et por que esto seia çerto rogamos a Domingo Peres, notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tennor tal huna commo outra, et por mayor firmedue mandamos-la seelar do seelo do dito cabidoo.

Que fuy feyta en Lugo XVIIIº dias de agosto, era de mill et CCC XCª et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Fernandes, dean; don Lopo Domingues, chantres; don Vasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Alvar Rodrigues, juys; Iohan Dias, Iohan Dias (sic) et Thomas Gomes, coengos de Lugo, ts.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado pola actoridade do bispo dese miismo lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta aqui scrivir fiz et puge en ela meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+)