GMH/ÍNDICE A-Z

822
1380, setembro, 1. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao arcediago de Deza, don Rodrigo Afonso, e a dúas voces o casal de Barbaín nas freguesías de Santa María de Bóveda e San Fiz de Muxa, por renda anual de vinte marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 104v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos [don Gonçalvo Eanes], chantres de Lugo et vigario geeral de don Johan [Afonso], dayan dese lugar, et o cabidoo da dita iglesia de Lugo seendo juntados enno cabidoo da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume para faser cabidoo, damos avervo et foro a vos dom Rodrigo Afonso, arçidiago de [Deça], por en toda vosa vida et de duas persoas, a huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquella que de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia aquella que de dereyto herdar vosos bees, o noso casal de Barbeyn que foy de Tareysa Affonso, muller que foy de Pero Lourenço da Porta Minaa, o qual nos deu en escanbea noso sennor obispo por lo casal de Teyguesille que nos mandou Johan Ferrnandes de Bollanno; o qual casal vos aforamos con todas suas pertenenças et dereyturas, casas, arvores et formaes, sub signos de Santa Maria de Bobeda et de San Fiiz de Muja, por tal condiçon que façades labrar et parar ben o dito casal et herdades del, et as mantenades en boo estado, et que façades cubrir as casas del aquellas que compriren, et que dedes de foro del de cada anno viinte moravedis longos, os des moravedis para a prisçison de dia de San Johan de Golasco, et os outros des moravedis a o que tever os aniversarios, vos et as ditas persoas pus bos; et a morte da pustrimeyra persoa o dito casar et herdades del an de ficar a nos, o dito cabidoo, livres et quitas con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et que esto seia çerto rogamos a Pedro Afonso, notario publico de Lugo, que fesese ende duas cartas en hun tenor, huna para nos o dito cabidoo et outra para vos o dito arçidiago.

Feyta en Lugo, primeyro dia de setembre, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Gonçalvo Yanes, chantre; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Thomas Gomes, juys; don Diego Gomes, thesoreyro; Fernando Peres, Aras Fernandes, Afonso Fernandes, Ruy Lopes, Diego Lopes, Ruy Lopes o moço, coengos; Afonso Eanes, Johan Garçia et Rodrigo Afonso, raçoeyros; Lourenço Eanes, coengo; Afonso Fernandes, sanchristan; Afonso Eanes, Johan de Lovea, Pedro Lopes, Pedro Afonso, clerigos do coro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pero Afonso, notario sobredito, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas foy presente foy (sic) et de mandado et rogo dos sobreditos cabidoo et omes boos esta carta en mina presença fis escrivir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que he tal. (+).