GMH/ÍNDICE A-Z

164

1453, novembro, 9. Vilamaior-Mondoñedo.
Posesión do préstamo, terceira parte sen cura, da freguesía de Santa María de Vilaselán, unido á Mesa Capitular polo bispo don Alonso de Segura, en virtude de bula do papa Nicolás V.
A, papel, con signo notarial, de 213 x 307 mm. Letra cortesá.

Anno do naçemento de noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çincoenta et tres annos nove dias do mes de nouenbro. Estando enna parrochia et lugar de / santa Maria de Vilaselan dentro enna iglesia en presença de min notario et testigos de jusoescriptos paresçeu Juan Garçia canonigo de Ribadeu et cura et rector da dita iglesia de Vilaselan et / procurador do dean et cabildo de Mondonedo para o jusoescripto et presentou et leer feso hua carta do sennor don Alonso Segura obispo de Mondonedo firmada de seu nomme et de Pedro de / Horosco canonigo et notario apostolico enna qual se contina que o dito sennor obispo avia vnido aa mesa do cabildo la vnna terçia parte sin cura da dita iglesia a qual vacara por / renunçiaçon que dela fesara Gonçaluo Martines de Morraço cardenal de Santiago et benefiçiado do dito benefiçio vltimo poseedor del et la vnira por vertud de hua bulla apostolica / conçesa ao dito cabildo a qual carta leuou para garda do dito cabildo et estando presentes Juan Ramos et Fernan Ramos et Juan Alonso de Canbela fligueses da / dita iglesia de Vilaselan et mays Diego Peres alfayate vesino et morador enna vila de Ribadeu por ante min dito notario et los de suso contiudos tomou / et aprehendeu realmente et con efecto a posison da dita terçia parte sin cura da dita iglesia en nomme do dito cabildo et sua mesa capitular et para / el por libros et cales et vestimentas et canpaa tangida et requiriu logo aos ditos parrochianos que des aqui adeante non rendisen con as rentas / do dito benefiçio terça parte saluo ao dito cabildo et a seu çerto recado sub as pennas et çensuras et escomoyon en ela contiudas os quaes parro/chianos diseron por si et por los outros ausentes que eran muyto plasenteiros et consentes de o dito cabildo leuar o dito benefiçio antes / que outro algun et que lle rendirian ben et conplidamente et ficauan de recodir con todas las rentas et frutos et cousas et dereituras ao dito / terço sin cura perteeçentes ao dito cabildo ou a aquel et aqueles que o por el ouvese de leuar et coller et recaudar. Do qual todo o dito Juan / Garçia canonigo et procurador susodito pedeu a min dito notario que le dese delo vn instromento de posison et dous et mais quantos lle cun/plisen para guarda do dito cabildo et sua en seu nomme do qual foron presentes et testigos los sobreditos.
Et eu Gonçaluo Yanes canonigo de Mondonedo et notario publico jurado dado do obispo de Mondonedo enna sua çibdade de Vilamayor et en todo seu obispado / a esto que sobredito he con os ditos testigos presente fuy et esta carta de posison por outro fis escripuir et aqui meus signo et nomme puge / que taes son en testimoyo de verdade. (Signo). Gonçaluo Iohanis canonicus et notarius (Rúbrica).

(Reverso):
Posison de vn terço sin cura de Vilaselan para o cabildo de Mondonedo.