GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

700
1369, abril, 5. Santo Estevo de Ribas de Sil
MADRID, AHN, incluída en: Carp. 1332 F/17, perg. orix., galego, gótica cursiva, 294x361 mm, (CD n.º 701).

Sabeam quantos esta carta de procuraçon viren commo nos dom Affonso Yanes, abbade do moesteyro de Satestevo de Riba de Sil, do bispado de Ourense, con outorgamento de Iohan Ferrnandes, prior do dito moesteyro, et de Estevoo Yanes, suprior, et Lopo Peres et Iohan Yanes et Ruy Gonçalves et Affonso Rodrigues, monies do dito moesteyro, fasemos et estabeleçemos noso procurador çerto, sufiçiente et avondante a o dito Estevoo Yanes, suprior, monie do dito moesteyro, espeçialmente que el por nos et por lo dito moesteyro posa faser cambeo et permutaçon con o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, et con o dayam et cabidoo dessa iglesia de Lugo. Conven a saber que nos, por nos et por lo dito noso moesteyro, que damos et outorgamos para senpre a o dito sennor obispo et cabidoo de sua iglesia et a seus sucçesores a nosa iglesia de Santiago de Vilar d’Oortelle, que he en terra de Savinao, de que somos verdadeyros padroeyros et estamos en iur de apresentar, con todos los dereytos et carregas que o dito moesteyro en ella ha, et con toda abçon et dereyto que nos en ela avemos que perteesca a nos et a noso moesteyro; et por esta cambia et permutaçon que nos fasemos con o dito sennor obispo et cabidoo, para sy et para seus sucçesores commo dito he, damos et outorgamos poder a o dito noso procurador que el por nos et en noso nome et do dito noso moesteyro posa reçeber dos ditos sennor obispo et dayam et cabidoo outra canbia, que an de dar a nos et a o dito noso moesteyro, conven a saber das iglesias de Santiago de Cangas, que he en terra de Lemos en terra do Val de Ferreyra, et de San Miguel de Roosende que e en Lemos, en terra de Verosmo de Iussao, as quaes iglesias son enno dito bispado de Lugo, quitas et exsentas de todas las procuraçoes et carregas et moyos et pididos que o dito sennor obispo et seu cabidoo aian nas ditas iglesias en qualquer maneyra et devan aaver elles et seus suçesores d’aqui adeante, et fiquen et seian exsentas, livres et quitas a o dito moesteyro et a nos et a nosos sucçesores que d’aqui adeante foren para senpre; et que se posan faser sobresta rason et posa outorgar o dito noso procurador, por nos, carta ou cartas desta canbia et permutaçon aquellas mays firmes et valedeyras que de dereyto poderen seer, et todo quanto en esto que dito he for feyto et procurado et outorgado por lo dito noso procurador nos lo outorgamos et avemos por firme et por estavel para senpre sub ypotheca et obligaçon de todos nosos bees et do dito noso moesteyro.

Et por que esto seia çerto demos ende a o dito Estevoo Yanes esta nosa carta seellada con seellos de nos o abbade et convento sobreditos.

Que fuy feyta enno dito moesteyro, çinquo dias de abril, era de mill et quatroçentos et sete annos.