GMH/ÍNDICE A-Z

153

a
marzo, 17

Catarina González, muller de Afonso de Loxilde, vende a Rodrigo Vázquez e á súa muller María López a súa parte de tres cavaduras de viña, dous leiros con árbores e a súa parte “da castineira”, por 100 mrs. (fols. 47v-48)

Rodrigo Vasques. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Catalina Gonçalves, moller de Afonso de Logilde, con liçençia do dito meu marido etç. vendo firmemente e logo por esta presente carta entrego vos Rodrigo Vasques que sondes presente e Maria Lopes vosa moller que non he presente \moradores enno couto de Lor/ e a todas vosas voses de disemo a deus para senpre, conben a saber que vos vendo \a miña parte de/ tres cabaduras de viña e mays seys cerdei que jasen enno chaao de Prado, que he enna freigesía de Santa Maria da Quintaan, a qual p \jaz/ ontre duas leyras que foron de Costança Ares de Lor. Iten vos vendo pays para senpre o leyro da Antoyña con suas arvores para senpre e disemo a deus e jaz enna dita freigesia, ve Iten vos vendo mays o leyro do Asebo con suas castineiras que jas e arvores que jaz ao Asebo, su sino de Santa Maria da Quintaan. Iten vos vendo mays a miña parte et quiñon da castineyra que esta enna Mooreyra, que he enna dita freigesia. Vendo vos todo ( fol. 47v)
esto q de disemo a deus para senpre con todas suas entradas etç. por çerto preço que a vos e a min aprouvo etç. conben a saber çen mrs. de moeda vella de que me dou por pago etç. e se mays val dou vos lo en pura doaçon etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. e obrigo meus beens etç. Penna çen mrs. etç. Tests. dos ditos beens, os quaes vos vendo a toda vosa ventura se vos los alguna persona quiseer demandar que lytegedes con eles e eu que non seja a elo tiundo, salvo que vos non pase contra esta venda etç. Penna çen mrs. Tests. Gonçalvo Peres de Souto Mayor, Diego Meendes, Joan do Bouteiro, Gonçalvo carpenteiro. Feito a XVII dias de março do dito anno.