GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

397

agosto?, 5

Xoán Afonso de Toledo, cóengo e reitor de Santiago das Caldas, afora a Gómez de Vilarnaz e á súa muller Maior Lourenza, moradores en Bobadela e a catro voces, unha leira de herdade na que porá vinte cavaduras en catro anos, por quinta do que colla. (fol. 118-118v)

Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan Afonso de Toledo, canonigo enna igleia d’Ourense et reytor da igleia de Santiago das Caldas, de liçençia et autoridade de Joan Martines, arçediano de Bubal enna dita igleia, que me da liçençia para esto que se sige, dou e outorgo, aforo a vos Gomes de Vylarnaz que sondes presente e a vosa moller Moor Lourença que non he presente, moradores en Bobadela, et a quatro voses apus vosa morte, conben a saber que vos aforo huna leyra derdade que jaz enna dita freigesía e he da dita igleia et parte con herdade do prestamo de Quintian et do outro cabo parte con herdade do bispo et do outro cabo des onde labrou Rodrigo de Prado a çima et vay topar ennas barreiras onde tiran o barro, vay porlo carril do carro. Aforo vosla con ( fol. 118)
por tal condiçon que poñades dela viinte cabaduras ata quatro annos primeiros sigentes e façades dela de quinta a min e aos reytores que foren da dita igleia e do al de disemo a deus a dita igleia etç. et se quiserdes vender etç. e non faredes manda etç. e obrigo os beens da dita igleia etç. et eu o dito Gomes de Vylarnas obrigo a meus beens etç. Penna CC .- Et eu o dito vigario asy dou a dita autoridade. Tests. Rodrigo Vasques, Afonso Ares raçoero et Gomes Ares de Loys Gonçalves. Feita a Vº dias de agosto do dito anno.