GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

62

s/d

Martín Sánchez, abade da Trindade e provisor do bispo, afora a perpetuidade a Gonzalo de Trella e á súa muller Inés Fernández unha leira de viña co seu monte e herdade, en Zaame, coa condición de poñer de viña o monte e a herdade en dous anos, por sexta de viño e composta. (fols. 20-21)

Gonçalvo de Trella, pagadas III brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Martin Sanches, abade da igleia da Triindade e provisor do meu señor obispo d’Ourense, porlo poder que del teño dou e outorgo aforo a vos Gonçalvo de Trella que sondes presente e a vosa moller Eynes Fernandes que he ausente e a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leira de viña con seu monte e herdade que perteesçe a dita viña, que he do dito señor obispo et jaz enno lugar de Çaame et parte con o camiño e a erdade que esta por poer parte con congostra que vay para Pyñor e en cabeça enna viña de Pero de Piñor et en baixo fere enna outra leira de viña junto con o rigeiro que corre ontre la dita leira ( fol. 20)
et a dita herdade e fere con herdade da igleia et a dita leira \segundo que esta çarrada sobre sy/ de viña jaz daquel cabo o rigeiro et fere todo a redor do rigeiro e vay feryr enno outeiro e da outra parte fere en herdade do prestamo e en baixo en viña de Nuno Gonçalves da Praça notario, segundo que a tragedes a jur e a maao; aforo vos a dita leira de viña con a dita herdade e monte e con todas suas entradas etç. por tal condiçon que en estes dous annos primeiros sigentes que chantedes o dito monte e herdade de viña que esta deste cabo o rigeiro por chantar, que perteesçe a dita viña e ontrechantedes a dita leira de viña que esta feita por onde lle faser mester et labredes e paredes ben a dita viña que esta feita con o dito monte e herdade que chantaredes de viña, en tal maneira como non desfalesca etç. e façades foro de sesta da dita leira de viña que esta feita et do dito monte erdade que avedes de chantar de viña, ao dito señor obispo, de todo o viño e conposta que deus en elas der, a qual novidade colleredes por olo do mayordomo do dito señor obispo, ao qual proveeredes de comer etç. daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar etç. e do al de disemo a deus et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson etç. et se quiserdes vender etç. e obrigo os beens da mesa obispal do dito señor obispo etç. ( fol. 20v)
et o dito Gonçalvo Martines de Trella obrigo meus beens de chantar o dito monte etç. e faser o dito foro de sesta etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan de Vylaboa clerigo capelan de Santa Oufemea et Joan Gonçalves clerigo de Vilarrobin et Gonçalvo Marra e outros.