GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

87

febreiro, 2

O mesmo afora a perpetuidade a Fernando Ramos e á súa muller Romiña un soar edificable na Rúa da Aira, coa condición de facer casa en tres anos e pagar 12 mrs. de renda anual e un par de galiñas. (fol. 28-28v)

Fernando Ramos. Foy dada por nehuna por
 Fernando Ramos, por quanto a tras
 pasou en Domingo ferreiro.

(En este dito día e ora et por esta testemunyas o dito señor abade aforou mays para senpre a Fernando Ramos, vesiño d’Ourense presente e a sua moller et a Romyña sua moller e a todas suas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huun soar para faser casa que esta enna Rua da Ayra et parte de huna das partes con casa de Domingo ferreiro et da outra parte con casa que foy de Joan Calbo et fere detras enno oulivar da igleia da Triindade et ten as portas enna rua publica, aforo vos segundo que o vos ja tregedes a jur et a maao, aforo voslo con todas suas entradas etç. por tal condiçon que apostedes et corregades en estes tres annos e façades dela casa e ela feita que a manteñades en boon revor et façades dela foro de cada huun anno por cada día de San Martiño dose mrs.( fol. 28)
os quaes doze mrs. avedes de pagar de cada huun anno por día de San Martiño et mays huun par de gallynas e do al de disemo a deus, et se quiserdes vender que primeiramente frontedes a min e aos abades que despois de min foren da dita igleia e non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna a outra igleia nen mosteiro nen pesona nen santuario alguun, salvo aa dita igleia e aos abades dela, et obrigo os beens da dita abadia etç. et eu o dito Fernando Ramos obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos)*.