GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

90

febreiro, 8

Afonso de Cela denuncia ante o xuíz a Diego Torto e a Vasco Esquerdo polo roubo de dous rocíns. (fols. 29v-30)

Afonso de Çela.

En este dito dia, que eran oyto dias de fevereiro, Afonso de Çela, morador en (- - -) deu querella a Loys Gonçalves juis d’Ourense, de Diego Torto, fillo de Fernando Afonso da Ben Posta, e de Vasco Esqerdo, disendo que en como os ditos Die[go] Torto et Vasco Esqerdo lle furtaran a XXV dias do mes de novenbro do anno pasado de XXXIII annos dous roçiins (- - -) (fol. 29v)
hun da comarqa e aldea de Seixalvo et os levaran furtados a Porqeyra e os venderan enna aldea de Porqeira a Vasco do Torno e Alvaro seu yrmaao e que os venderan cada hun por seseenta mrs. vellos, os quaes roçiins era huun delles ven preto con hun signal enna testa et ho outro ben çerbyño con huna mancha enna testa, et que acharan por notiçia çerta que furtaran outros dose roçiins, dos quaes fora hun delles de Gonçalvo da Carbaleira, morador en Seixalvo, et ho outro de Rollan, e por ende por quanto tiña preso en cadea ao dito Diego Torno que o tevese preso e recadado e prendese ho dito Vasco Esqerdo se o podese aver e os non dese soltos nen fiados ata que a justiça del rey en elles fose conprida etç. e o dito juis diso que era prestes de faser conprimento de dereito et de justiça, e feso pregunta ao dito Diego Torto se o negava e el diso que sy e o dito Afonso de Çela diso que era prestes de o provar por los moradores de Seixalvo, os quaes diso que dava en ajuda de sua provança etç, e presentou logo Afonso Yanes e a Joan Sirgado e a Joan Louçaao, os quaes feseron juramento etç. Tests. Alvaro Peres notario et Joan Dias e Alvaro Afonso et Rodrigo de Sandoval.