GMH/ÍNDICE A-Z

473a
1434novembro, 13

Domingo Vidal e o seu fillo Martín Domínguez subaforan a Fernando, zapateiro, e á súa muller Aldara Pérez, moradores en San Martiño de Vilarrubín, un leiro de viña por 9 mrs. (fols. 140v-141)

Fernando çapateiro. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos Domingo Vydal et Martin Domingues fillo do dito Domingo Vydal, anbos a dous presentes et outorgantes, damos e outorgamos, aforamos a vos Fernan çapateiro que sondes presente e a vosa moller Aldora Peres que non he presente, moradores enna freigesía de San Martiño de Vylarrobyn, por lo tenpo et voses que o nos teemos, conben a saber que vos aforamos hun leyro de viña que nos avemos et nos perteesçe de dereito enna dita freigesía de San Martiño onde chaman Aalende et parte con outras viñas que son do \foreiras ao/ bispo d’Ourense et da que ora ten Mayor Domingues e Rodrigo Bispo e Gomes Bispo et feren todo arredor da dita viña as herdades do bispo, aforo vos a dita segundo que a vos trajedes a jur et a maao. Aforo vos a dita leyra de viña con todas suas entradas e seydas (fol. 140v)

et dereitos etç., por tal condiçon que a labredes et paredes ben de todoslos labores que lle conpriren et foren neçesarios et diedes et pagedes por elo de foro en cada huun a min o dito Martin Domingues e a miñas voses vos e vosas voses por cada dia de Santo Andre, nove mrs. de dños. brancos de dez dños. o moravedi ou a estimaçon delles enna moeda que por lo tenpo correr et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar, que primeiramente frontedes a nos e a nosas voses etç. et obrigamos todos nosos beens et da cada huun de nos etç. Penna dose çen mrs. etç. Carta de ven etç. Feita trese dias de novenbro, anno sobre dito. Tests. Afonso de Logilde, Ares Fernandes alfayate vesiño d’Ourense, Rodrigo Fernandes, Joan do Bouteiro et Vasco escripvaans criados de min o dito notario.