GMH/ÍNDICE A-Z

304

xullo, 1

Martín Sánchez, vigairo do bispo, absolve a García Vázquez, cumpridor do testamento do cóengo Pedro Fariña, da demanda presentada polo cóengo Gonzalo García para que lle pagase 200 mrs. (fol. 96-96v)

Jullyo
Garçia Vasques.

(Et despoys desto, día quinta feyra, o primeiro día do mes de jullyo, en Ourense enna Praça do Can igleia de San Martiño, audiençia da terça, ante Martin Sanches abade e vigario jeeral do obispado d’Ourense, paresçeron ante en juiso da huna parte Gonçalvo Garçia coengo enna igleia d’Ourense et da outra parte e mayordomo do cabiidoo da igleia d’Ourense, et da outra parte Garçia Vasques vesiño da dita çidade, e logo o dito Gonçalvo Garçia, en nome do dito cabido e asy como seu mayordomo, demandou ao ao dito Garçia Vasques dosentos .- vellos, asy como conpridor et testamentario que diso que era e ficara de Pero Fariña canonigo que foy enna igleia d’Ourense e que o dito Pero Fariña devía ao dito cabido et a el en seu nome, et logo o dito Garçia Vasques diso que el que non era \nen ficara/ erdeiro do dito Pero Fariña, salvo que ficara seu conpridor segundo que logo y mostrou por hun testamento signado de min o dito notario, o qual logo levou en seu poder e diso que ( fol. 96)
que el que conprira o dito testamento en quanto achara seus beens et que agora non avya nen tiña beens por que os conprir nen pagar e que se de lle dava lugar a elles onde quer que os achase et que el que acepatra açeptara o dito procuratorio con protestaçon de o conprir en quanto achase os beens e non mays etç. e agora que non achava beens de que pagar os ditos mrs., por ende que pedía ao dito vigario que o dese por livre et quite et que o dito Gonçalvo Garçia que se tornase aos beens do dito Pero Fariña onde quer que os achase, et logo o dito vigario diso que por quanto o dito Garçia Vasques non tiña beens do dito Pero Fariña e dava lugar a elles etç. e visto todo o sobre dito etç. Por ende diso que dava por livre et por quite ao dito Garçia Vasques dos ditos mrs. agora et para senpre et que a salvo quedase ao dito Gonçalvo Garçia et ao dito cabido de se tornar aos ditos beens do dito Pero Fariña onde quer que os achasen etç. et as partes consentiron. Tests. Joan Paas notario, Diego da Agoada, Joan Galego sobriño do dito vigario, Lopo Ares raçoeyro.)*