GMH/ÍNDICE A-Z

535a
1434s/d

Lois González das Tendas, rexedor, afora a seis voces e por renda de 7 mrs. a Afonso Ares, racioneiro, un leiro de viña con horta e pozo, sito na cortiña da Fonte do Bispo, que previamente recibiu por damnificacións e impagos. (fol. 166-166v)

          Foy dada por nehuna e foy feito este foro ou(...)
             a (...) por demetiçon do dito Afonso Ares.
                    Carta de Afonso Ares raçoeyro enna
                    igleia d’Ourense.

Feita e dada.

(Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Loys Gonçalves das Tendas, rejedor da çibdade d’Ourense, dou et outorgo, aforo a vos Afonso Ares raçoeyro enna igleia d’Ourense et a seys voses apus morte asy que vos en vosa vyda etç., conben a saber que vos aforo hun leyro de viña con sua orta et con seu puço, que esta açerqa da çibdade d’Ourense, enna cortina da Fonte do Bispo, o qual demarqa con outra leyra de viña de vos o dito Afonso Ares et he o foro dela de Alvaro de Madrosende, et en fondo topa en outra viña de Martin Capelo et en çima en testa enna do dito Alvaro de Madrosende e da outra parte con viña de vos o dito Afonso Ares que foy da moller de Roy Sanches dEspyno, aforo vos o dito leyro segundo que o vos agora tragedes a jur et a maao, aforo vos o dito leyro de viña con seu puço et orta et con todas suas entradas et seydas et dereitos por hu quer que os aja et deva aver de dereito, por tal condiçon que o labredes et paredes ben en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento e diedes et pagedes por lo dito leyro de viña et puço et orta sete mrs. de dños. brancos de des dños. cada moravedi ou a estimaçon delles enna moeda que por lo tenpo correr \por cada dia de San Martiño/ et do al que ajades o dito leyro de viña et puço et (fol. 166)

de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, o qual dito leyro de viña et puço et orta eu o dito Loys Gonçalves reçeby por maas paranças e por los foros non pagos dos quinse annos a esta parte que me eran devidos etç. et se vos ou as ditas vosas voses quiserdes vender etç. e obrigo todos meus beens de vos faser saao e de paz e de vos defender con el a dereito etç. Et eu o dito Afonso Ares asy o outorgo et reçebo en min aforado o dito leyro de viña e puço et orta de vos o dito Loys Gonçalves porlas maneiras e condiçoens que ditas son, et para o lavrar et parar ben et pagar os ditos sete mrs. por lo dito día de San Martiño e conprir et agardar todaslas cousas e condiçoens que en esta carta son contiundas e cada huna delas, obrigo a elo todos meus beens etç. et qual quer de nos as partes que contra esto pasar penna dosentos mrs. etç. Tests. Gomes de Canba clerigo do coro da igleia d’Ourense, Gomes Ares e Rodrigo escripvan)*.