GMH/ÍNDICE A-Z

E2-6
1435, marzo, 29
O Concello permite aos notarios Nuno González de Freixo e Afonso de Betanzos que abran no local que teñen na rúa dos Zapateiros un portal á praza do Campo, en terreo municipal, a cambio de eles construíren, nas inmediacións e na mesma praza, as instalacións da audiencia, con tres graos e cuberta de tella e madeira sobre dous esteos. (fols. 3v-4)
Anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et quatroçentos et triinta e çinqo annos, día martes, viinte e nove dias do mes de março, enna çidade d’Ourense, enna Praça do Canpo, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, estando y presentes Garçia Dias d’Espinosa et Gomes de Chantada rejedores et Afonso Anriques et Pero Fernandes juises d’Ourense et Afonso Ares procurador do conçello da dita çidade (Alvaro Fernandes)* outrosy estando y presentes (a)* Nuno Gonçalves de Freixo e Afonso de Betanços notarios, logo os ditos Nuno Gonçalves et Afonso de Betanços notarios diseron que por rason que elles tinan (a)* huna tenda que esta enna Rua dos Çapateiros e tiña (entra)* a porta enna Rua dos Çapateiros, et por quanto elles querian abryr enna dita tenda huna porta contra a Praça do Canpo para faser tenda et o dito conçello (no)* lle perturbaban a dita (tenda que)* porta que a non fesese, por quanto a non podia abryr de dereito por rason que era rousyo do conçello et o dito conçello quería faser audytorio enno dito lugar para (audi)* avyr os pleytos et lles non querian consentyr que abrisen a dita porta contra a dita Praça do dito Canpo, por ende que elles que pedian et rogavan aos ditos juises et rejedores et procurador e conçello da dita çidade que lles consentisen que abrysen a dita porta contra a dita Praça do Canpo, enno qual lles farian graça et ajuda e boa obra, et que elles que querian por (sua)* estevese enno dito lugar o dito auditorio et que querian faser en el degraaos de quanto a quanto et o cubryr et apostar por sua custa, en tal maneira que o dito conçello ouvese o dito (fol. 3v)
auditorio enno dito lugar para senpre. Et logo os ditos juises et rejedores et procurador diseron que o dito portal que se non devía de abryr enno dito lugar, por quanto en nehuun tenpo nonca fora aberto nen no devía de aver con dereito, por que o dito lugar senpre fora rousyo do dito conçello, pero diseron que elles por quanto os ditos Nuno Gonçalves e Afonso de Betanços graçiosamente lles demandavan o dito portal con as ditas condiçoons, que elles por sua onra delles que consentían que abrisen o dito portal, o qual lles logo marquaron et debysaron, con condiçon que fesesen tres degraaos hun sobre outro, de quanto a quanto, para o dito auditorio et que cobrisen o dito auditorio de quanto a quanto de tella et madeira, sobre dous esteos, (y)* et que fose cuberto ygoal do outro tendal das casas en que morava Pero Carneiro alfayate et que (desen)* /reparasen\ o dito auditorio por sua custa et o cobrisen, (o qual)* et que o dito auditorio ficase et fose do dito conçello para senpre livre et quite et desenbargado sen enbargo algun do dito portal, et que este dito portal que o ouvesen cada hun enna sua ameatade por lo tenpo e voses e annos por que o tinan /ou tevesen ao adiante\ et pasado o dito tenpo e voses por que asy tinan a dita tenda, que dende endeante que o dito portal que o (ficase livre)* podese çarrar o dito conçello cada e quando que quisese pasado o dito tenpo. Et todas as ditas partes asy o prometeron et outorgaron deo teer e conprir todo asy, penna mill mrs. etç. Tests. Afonso de Meende notario, Pero Carneiro alfayate et Alvaro carniçeiro, Gonçalvo Rañooa, Rodrigo escripvan. (fol. 4)