GMH/ÍNDICE A-Z

H5
1435, decembro, 5
Orde xudicial pola que Fernando Branco, en calidade de fiador nunha compra de madeira, deberá pagar a Fernando Pérez 110 mrs. (fol. 2v)

Fernando Pereyras. Feita e dada.

(En este dito día e ora e por estas tests. Esteveyna Yanes, moller moller de Fernando Pereiras, en nomme de seu marido demandou a Fernando Branco CX.vellos por que lle ficara por fiador contra Vasco Beesteiro, morador en Moreyras, de çerta madeira que lle merqara e non lle dera a madeira nen seus mrs.; por ende que pedia aos ditos juises que llos mandasen pagar, et o dito Fernando Branco diso que era verdade que lle ficara por fiador dos ditos mrs. et que era prestes de le(s pagar)* mostrar e entregar beens desenbargados por que os ouvese, et os ditos juises diseron que mandavan por sentença ao dito Fernando Branco que doje a IX dias primeiros sigentes dese et entregase beens desenbargados ao dito Fernando Peres e sua moller por que elles ouvesen os ditos mrs., e non los entregando ao dito termino que los pagase con as custas dereitas et que a salvo quedase ao dito Fernando Peres de se tornar por los ditos mrs. ao dito Vasco Beesteiro con as custas que lle sobre elo recreçesen, et as partes consentiron. Tests. os sobre ditos)*. (fol. 2v)