GMH/ÍNDICE A-Z

D125
1459, abril, 25

Rodrigo das Seixas, clérigo reitor de San Vicente de Reádegos, arrenda o seu beneficio durante catro anos a Gómez Afonso, clérigo de Rouzós, por 300 mrs. o primeiro ano e 500 mrs. cada un dos outros tres anos, así como as cargas que pesen sobre el. (fols. 39-40)

Carta de arrendamento de Gomes Afonso, clerigo de Rouçoos, do benefiçio de San Viçenço de Ryadegos, que lle arrendou Rodrigo das Seixas.

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu Rodrigo das Seixas, clerigo reytor da iglesia de San Viçenço de Riadegos, arrendo a vos Gomes Afonso, clerigo de Rouçooos, o dito meu benefiçio de San Viçenço de Riadegos. O dito benefiçio vos arrendo deste día de San Joan Bautista primeiro que ven ata quatro annos primeiros sigentes, quatro novidades alçadas, tan solamente et mays non, con estas condiçoes: que por este primeiro anno de LIX annos que me die-des tresentos mrs. vos et que me diedes logo os dosentos et os outros çento por día de San Martiño et porlos outros tres annos que me diedes de cada anno quinentos mrs. vellos branca en tres dños. de cada anno postos en pas et en salvo en esta çidade d’Ourense por cada dia de San Martiño do mes de novenbro, non enbargante grando nen giada nen outro caso fortetuyto, et que servades mays o dito benefiçio enno esperitual et tenporal et pagedes rey et Roma e see et padroens et todoslos outros encarregos ao dito benefiçio perteesçentes et me pagedes os ditos mrs. en pas et en salvo ao dito dia de San Martiño, et do al que ajades et levedes para vos todoslos frutos, disemos et primiças, foros e rendas, dereytos et dereyturas (fol. 39)
et outras quaes quer cousas ao dito benefiçio per perteesçentes livres et quites de todo outro trebuto, renta et encarrego alguun, et obrigo os bens do dito meu benefiçio para vos faser saao et pas o dito arrendamento por tenpo dos ditos quatro annos et para vos defender con el a dereito. Et eu o dito Gomes Afonso que soon presente asy o outorgo et reçebo en min arrendado o dito benefiçio de (vos o)* San Viçenço de Riadegos de vos o dito Rodrigo das Seixas porlas maneyras et condiçoes que dias son e para vos pagar os ditos quinentos mrs. de cada anno porlos ditos tres annos et por este primeiro anno os ditos tresentos mrs., logo os dosentos e por lo dito día de San Martiño os outros çen mrs. de cada hun anno os ditos quinentos por lo dito día de San Martiño, para o qual obrigo a min et a meus beens et dou vos para elo comigo por fiador (a Pero)* devedor prinçipal pagador a Pero Ares prateiro vesiño da çidade d’Ourense que esta presente e se obriga por tal fiador. Et eu o dito Pero Ares asy me obrigo por tal fiador devedor prinçipal pagador do dito Gomes Afonso et obrigo meus beens a dita deveda et fiadoría. Sobre lo qual nos as ditas partes damos poder a qual quer justiça et renunçiamos a todas las leys et dereitos, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar et o non conprir et agardar que peyte aa parte agardante por nomme de pena çen frolliins douro e de peso, et a dita pena pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiundas fiquen firmes e vallan porlo dito (fol. 39v)
tenpo dos ditos quatro annos. Feita a carta enna çidade d’Ourense, viinte et çinco dias do mes de abril, anno domini Mº CCCC LIX annos. Tests. que foron presentes Gomes Ares raçoeiro enna iglesia d’Ourense et Alvaro Peres raçoeiro en ela et Afonso Fol et Fernando criado de min o dito notario.