GMH/ÍNDICE A-Z

307
1351, febreiro, 15
foro

Os clérigos do coro afóranlles a Lourenzo Iáñez, carniceiro, e á súa muller, Maior Pérez, moradores na Porta da Burga, unha casa na rúa do Vilar por 5 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 20

Sabean quantos esta carta virem que eu Johan Affonso capelan de Santa Ouffemea e eu Martin Fernandes moradores na çidade d’Ourense (...) do coro da igleia dessa çidade e procuradores e contadores da oniversidade dos ditos clerigos do coro da dita igleia, por nos et em nome (...) dita oniversidade dos ditos clerigos do coro afforamos a vos Lourenço Eanes carniçeiro e aa vosa moller Maior Peres moradores enna dita çidade d’Ourense a su a porta da Burgaa e aa toda vosa voz para senpre huna casa que a dita oniversidade ha e lle perteençe enna rua do Vilar, a qual casa de vos tevo afforada Johan Fernandes mercador e sua moller Maior Peres. Afforamosvos a dita casa con suas entradas e saydas e con todos seus dereitos e perteenças e por tal condiçon que adubedes e reparedes e mantenades daquelo que lle conprir em maneira que non desfallesca por mingua de lavor nen por mao paramento e paguedes dela as carregas que ela ouver e dedes ende de foro cada anno em paz e em salvo aa dita oniversidade por dia de Pascoa de Ruseyçon çinqo libras da moeda branca de noso señor el rey dom Affonso contados xl pares de diñeiros novees por tres libras, et a (...) livre e quite de todo outro enbargo. Et he posto que se a dita casa caer por fondamento ou quebrar trave que se adube e se faça por custa da oniversidade dos ditos clerigos do coro. Et se quiserdes vender, deytar ou sopinorar a dita (...) ou parte dela que a vendades ou deitedes ou supinoredes ante aa dita oniversidade ca a outre pelo justo preço. Et se (...) dita oniversidade non quiser pelo justo preço que outre por ela der, enton vendede ou deitade ou sopinorade (...) persoa que seia semellavel de vos e de que a dita oniversidade posa aver seu foro em paz e em salvo asi commo vos meesmos. Et obligamos os beens da dita oniversidade para anparar vos e toda vosa voz senpre a dereito con a dita casa. Et eu o dito Lourenço Anes por min e pola dita miña moller Maior Peres que non he presente asy reçebo afforada a dita casa que me vos os ditos Johan Affonso capelan e Martin Fernandes afforades segundo dito he, et prometo e outorgo de adubar e renger e manteer a dita casa e pagar e conprir e aguardar todo esto que sobre dito he, et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar a conprilo. Posto foy e outorgado entre estes sobre ditos que qual quer das partes que contra esto veese e em elo non quisese estar que peytase a outra parte delles que elo quisese estar e (...)sese conprir e agardar por nome de pena çinqoeenta mor. da boa moeda, et aa dita pean pagada ou non esta carta e afforamento fique firme e valla para senpre. Et desto em commo pasou as ditas partes pidiron a min o (...) notario que fezese ende duas cartas partidas por a.b.c. feitas em hu[n] tenor. Feita a carta en Ourense, quinze dias de fevereiro, era de mill e trezentos e oyteenta e nove annos. Tests. que presentes foron Fernan Anes avogado, Domingo Ledo clerigo, Fernan Anes dito dos Cabelos, Johan Laso omme Domingo Anes coengo moradores en Ourense.

Et eu Pero Fernandes notario publico d’Ourense porla igleia dese lugar que a esto presente foy e en myña presença ho fis escripvyr e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de huna casa que está enno Vilar.