GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

280

xuño, 9

Gonzalo García, morador en Terra de Deza, retira a denuncia contra Xoán de Laias polo roubo de dúas bestas, posto que xa foi resarcido delas. (fol. 89)

Joan de Layas.

Et despois desto, a IX dias do dito mes, Gonçalvo Garçia, morador en Soutello, que he en terra de Deça, diso que por rason que Joan de Layas que estava presente fora con outros seus conpaneiros en lle furtar duas bestas e por quanto el era contento da parte do dito Joan de Layas das ditas duas bestas e que se dava e outorgava do dito Joan de Layas por entrego e ben pagado et dava por nenhunas quaes quer querellas que del ouvese dadas e que non valuesen, por quanto o contentara de todo et prometía e fasía juramento de nonca del querellar, sobre lo qual feso juramento en forma, sopenna de seer ynfame e fe et perjuro etç. Carta de perdon forte e firme etç. Tests. Garçia Vasques e Gomes Fernandes barbeiro vesiños d’Ourense et Rodrigo Afonso clerigo. ( fol. 89)