GMH/ÍNDICE A-Z

447
1434outubro, 17
Tereixa González do Campo traspasa á igrexa de Santa María Madre, para a luminaria da virxe, a renda de dúas cuartas de viño que recibía en foro de Fernando Branco, carniceiro. (fol. 134av)

Carta de Tereija Gonçalves de Santa Maria a Madre.        

Feita e dada, notada no libro manual.

A XVII dias de oytubro Tereija Gonçalves do Canpo vesiña d’Ourense diso que por rason que ela tiña huna leira de viña que jaz en, a qual dela tina aforada Fernan Branco carniçeiro vesiño d’Ourense, a qual jaz en (- - -) e parte con viña de e da otra parte con (- - -)
(- - -)

porla qual dita viña diso que lle avya de dar o dito Fernando Branco duas quartas de viño, por ende que el que dava e traspasava as ditas duas quartas de viño enna igleia de Santa Maria a Madre der para o lume da dita virge Maria e que as (fol. 134av)

desen a frame e luminaria da dita virgeen para que as recadase para o lume da dita virgeen Maria, as quaes dava enno amor de deus etç. e logo todo jur etç. et por esta presente carta etç. e renunçio etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Alvaro carniçeiro et Rodrigo de Canba et Gonçalvo de Godejaas.