GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

492
1434novembro, 23
Diego, ceboleiro, demanda ante o alcalde a Afonso do Barral e a Xoán de Vilardamós, aos que alugou un rocín e nin lle pagaran o aluguer nin llo devolveran, aducindo os demandados que lles fora roubado xunto con outro deles cando os deixaran pastando no monte. (fols. 151v-152)Diego, ceboleiro, demanda ante o alcalde a Afonso do Barral e a Xoán de Vilardamós, aos que alugou un rocín e nin lle pagaran o aluguer nin llo devolveran, aducindo os demandados que lles fora roubado xunto con outro deles cando os deixaran pastando no monte. (fols. 151v-152)

Diego ceboleiro.

A XXIII dias do mes de novenbro, en Ourense, ante Pero Rodrigues alcallde, Diego çeboleiro demandou Afonso do Barral e a Joan de Vylar dAmos, que lles alugara hun roçin, que lle desen hun gibon por triinta .- ou el que lles daría triinta .- e elles que lle desen o gibon en alugueiro da dita besta, que nonca ouvera a besta nen os aparellos nen o gibon e que lle mandase pagar os ditos XXX .- o dito gibon e el que daría XXX .- e mays CL .- por la dita besta con seus aparellos etç., e os ditos Afonso do Barral e Joan diseron que lles furtaran a dita besta con outra sua do monte onde as deytaran e por e en senas soltas et por ende que pois a sua fortaran con ela que non eran tiundos de as pagar segundo leys et dereitos, e o dito Diego Rodrigues diso que se eran e os ditos Afonso e Joan diseron que non, sobre lo qual os reçebeu o dito alcallde aos ditos Afonso do Barral e Joan de Vylar dAmos a prova ata nove dias por tres produçoens etç. e que provasen en como dey (fol. 151v)

taran a dita besta con a sua enno dito monte con as ditas soltas et que llas furtaran et as non acharan mays etç. Tests. Gomes de Chantada, Goterre Afonso rejedores, Diego Lopes, Ares alfayate.