63
xaneiro, 26
Margarida Fernández, muller que foi de Gonzalo do Bouteiro, por si e polos seus fillos, outorga poder xeral a Xoán Pérez de Rioseco. (fol. 21)
Gonçalvo Fernandes
Margarida Fernandes, Joan Peres.
A XXVI dias de janeiro, Margarida Fernandes, moller que foy de Gonçalvo do Bouteiro, por sy e en nome de seus fillos, deu seu poder conprido, jeeral e abastante a Joan Peres de Rioseco para que por ela e en seu nome e de seus fillos posa procurar todos seus pleytos e contendas et demandas ante quaes quer personas et entrar en juiso et ajuisar en todos e quaes quer pleytos que ela aja contra quaes quer personas ou que outras personas ajan contra ela, e dar carta e cartas de pago etç. con poder de sustetuyr etç. et obrigou seus beens etç. poder abastante etç. Tests. Alvaro Çide notario, Diego da Agoada, Joan d’Ourense, Vasco Coello.