GMH/ÍNDICE A-Z


85

febreiro, 2

Martín Sánchez, abade da Trindade, afora a perpetuidade a Afonso Caldelas unha leira de herdade que foi viña, previamente recibida por damnificacións, coa condición de repoñer a viña en tres anos e pagar sexta á dita igrexa. (fol. 27-27v)

Feita e dada, notada
enno libro manual.Carta de Afonso Caldellas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Martin Sanches abade da igleia da Triindade da çidade d’Ourense, dou e outorgo, aforo a vos Afonso Caldellas, vesiño d’Ourense et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leyra derdade que foy viña, que jaz ennas Lageas et parte de huna das partes con viña de Migeel forneiro et da outra parte con viña que foy de Joan Fernandes Luçes, et topa en viña que foy de Rodrigo Calbo Garçia et en outro que he de Roy Calbo, en çima con viña de que foy de Lourenço Lamella, a qual dita leira de viña eu reçeby por maas paranças por este notario por que esta carta he feita e tests. de juso escriptas, do qual eu o notario dou fe que o dito señor abade que reçebio por min a dita leira derdade por las maas paranças et protestou de demandar as maas paranças, et aforovos a dita leyra de viña con todas herma con todas suas entradas e seydas e dereitos e jures e perteesças ( fol. 27)
perteesças por hu quer que os aja e deva aver de dereito, por tal condiçon que a chantedes toda de viña en estes tres annos primeiros sigentes e façades dela foro de sesta aos abades a min e aos abades que despois de min foren da dita igleia da Triindade, de todo o viño e conposta que deus en ela der, a qual novidade colleredes por meu mayordomo et daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar, e do al de disemo a deus etç. e se quiserdes vender etç. e non faredes manda etç. nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna a outra igleia nen mosteiro, salvo a dita igleia da Triindade etç. e obrigo os beens da dita igleia etç. et eu o dito Afonso Caldelas obrigou meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Estevo Fernandes, Gonçalvo Marra, Rodrigo Yanes clerigo. Feita dous dias de fevereiro.