GMH/ÍNDICE A-Z

D192
1459, maio, 17
Diego López, morador en Cudeiro, outorga poder ao seu irmán Álvaro da Fonte para actuar na demanda presentada por Diego Romeu por razón do portádego. (fol. 59)

Alvaro da Fonte e Diego Lopes.

A XVII dias de mayo, daquel cabo o Miño, açerqua da ponte d’Ourense, a par da forca que esta de aquel cabo, Diego Lopes de Codeiro deu se poder conprido a seu yrmaao Alvaro da Fonte para que por el et en seu nomme posa responder a carta denpraseo et enprasamento que lle faser e ha feito Diego Romeu sobre rason do portalgo et responder, pedyr traslado e contestar e faser contestaçon e faser todos e todos et quaes quer autos etç., poder abastante etç., obrigou seus beens etç. Tests. Sueyro de Vilamarin, Afonso Anriques, Joan de Sandoval et (jo)* Gonçalvo de Lyon. (fol. 59).