GMH/ÍNDICE A-Z

081
1457

Primeyro dja de setẽbre de LVIJ anos4.

(25V)

-81-

En Rriãjo, ante Gomes de Rribademar, juís, estãdo á audiẽçia das bísp[er]as246, quinta feyra, dja sobre/dito, pareçeu presente Rroý Martíns e puso por demãda a Pero Peliteyro, que lle alcãçou por toda / cõta, pode aver hũu ano4, nouẽta e tres [morauidís]247, que lle pedía, se o coñosçese, que llos mã/dase pagar cõ as custas. O dito Pero Peliteyro diso que nõ forã máis de LXXXIJ morauidís. E diso / que o çesaua en seu juramẽto de Afonso de Querentes, o Moço, o qual jurou en forma, e diso que / para o juramẽto que feyto avíã que forã LXXXIIJ ou nouẽta e tres morauidís os que lle así / alcãçara por cõta. E logo o dito juís mãdou ao dito Pero Peliteyro que lle pagase LXXXV morauidís248 / fasta día de Sã Migell primeyro249, a cõsentimẽto das partes. Testigos: Afonso Lourenço e Pero do Outeyro. / Sõ vellos estos LXXXV morauidís250.

_________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
246. Está escrito bispas.
247. No canto de morauidís escribiuse, por confusión, anos, con trazo por riba.
248. Debaixo, ó final da liña seguinte, está riscado vellos.
249. Despois está riscado ẽna.
250. Sõ vellos estos LXXXV morauidís está escrito despois do peche da nota para aclarar unha corrección anterior; véxase n. 248.