GMH/ÍNDICE A-Z

324
1354, novembro, 30 (San Pedro de Rocas)
cambio

O mosteiro de San Pedro de Rocas intercambia con Lopo Rodríguez de Sabadelle unha herdade que este ten aforada en Vilarchao por outra en Reboredo.

ACOu, Escrituras X, 25

(ed. E. Duro Peña, El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, 199-200, doc. 93)

Sabbeam quantos esta carta de canbea viren commo nos don Johan Anes prior do moesteiro de San Pero de Rocas con outorgamento do convento desse meesmo lugar fasemos tal canbia convosco Lopo Rodrigues escudeyro d’Aguiar fillo de Rodrigo Ares e d’Aldonça Rodrigues, conven a saber, a erdade que vos teedes de nos afforada en Vilarchaao e en seus termios, tanben terrenos commo arvores, cortiñas, casas a monte e aa fonte con entradas e con seydas. Esta dita erdade vos damos livre de disama deus e quite para senpre de todo outro enbargo e para vos e para toda vossa voz, por toda a erdade que vos o dito Lopo Rodrigues teedes en Revoredo que he ena freyguisia de Sam Miguell de Calvelle tanben casas, arvores, cortiñas, terrenos hu quer que vaam, a monte e aa fonte con entradas e seydas e perteenças, que a aiades vos o dito prior e convento e oo dito vosso moesteiro livre e quite e desenbargada por jur derdade para senpre e de disema deus. Et nos o dito prior e convento fasemos esta canbia por que entendemos que he nosa prol e do dito nosso moesteiro e vosa de vos o dito Lopo Rodrigues e de toda vosa voz. Et deste dia endeante todo jur e propiedade e señorio e voz e aaouçon que eu o dito Lopo Rodrigues ey eno dito lugar de Revoredo toda a tollo de min e de toda miña voz para senpre e poñoa en vos o dito prior e convento enno dito vosso mesteiro para senpre. Et nos o dito prior e convento outrossy deste dia endeante todo jur e propiedade e dereito que nos o dito prior e convento avemos eno dito lugar de Vilarchaao todo o poemos en vos o dito Lopo Rodrigues escudeyro e en toda vossa voz para senpre. Et he posta pena entre nos que qual das partes esta dita canbia britar que peite aa outra parte que a agardar çen mor. da boa moeda e aa voz del rey outros tantos e esta carta fique firme e valla para senpre. Que foy feita eno dito moesteiro o pustrimeiro dia de novenbro ena era de mill e tresentos e noveenta e dous annos. Tests. que foron presentes o dito prior, Johanes monje do dito moesteiro, Rodrigo Anes monge de Çellanova, Pero Fernandes morador en Moreyras, Johan Carvoeyro homme do dito prior e outros.

Et eu Fernan Anes monge e notario do dito moesteiro que a esto presente foy e esta carta escrivy e meu nomme e synal aquy fige en testemunyo de verdade que tal est.

(sinal)

[reverso] Cartas de Calvelle.

Carta de Vilarchao.