GMH/ÍNDICE A-Z

108
 
1419, xaneiro, 31.
Juan Fernández da Cana, coengo de Santiago, recadador do arcebispo don Lope, recoñece ter recibido 25.000 maravedís dos procuradores de 1418, importe do servicio que se pagaba ó prelado.

Dia martes o postromeiro dia do mes de janeiro. Sabean quantos esta carta viren como eu Juan Fernandes da Cañas, coengo enna dita Igllesia de Santiago e recabdador de meu señor o arçobispo de Santiago don Loppo, outorgo e conosco que reçebi de vos Pero Leiteiro e Alvaro Gil, procuradores que fostes do conçello da çidade de Santiago o anno pasado de Naçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e dez e oyto annos, viinte e çinquo mill moravedis de moeda vella, contando blanqua en tres dineiros, os quaes me pagastes en nome do dito conçello e eu de vos reçeby en nome do dito señor arçobispo, (como seu recabdador), conven a saber: de vos o dito Pero Leyteiro doze mill e quinentos moravedis e de vos o dito Alvaro Gil outros doze mill e quinentos moravedis da sobredita moeda e asi son conpridos e pagados os ditos viinte e çinquo mill moravedis da dita moeda, con os quaes moravedis o dito conçello, serveu ao dito señor arçobispo o dito anno pasado. E os quaes eu en meu jur e poder e renunçio a toda eixençon que non diga delo o contrario e aa ley do aver non dado e contado, visto nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a todas outras eixençon e leys que en contrario desto poderia diser e alegar que o non diga nen alegue por min nen por outro en juiso nen fora del e por ende, por vigor do poder que para esto eu do dito señor arçobispo dou por quite e livre ao dito conçello e aos visiños e moradores da dita çidade dos ditos viinte e çinquo mill moravedis da dita moeda, por quanto me foron pagos segundo dito he. E nos, os ditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil que presentes somos, por nos e por lo dito conçello e moradores da dita çidade asy o reçebemos. Feyta e outorgada a carta de pago enna dita çidade, anno, dia e mes sobre ditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Rui Garçia, capellan da capela de Santa Maria do Camiño e Aras de Guitar, clerigo do coro da dita igllesia e Afonso Rodriges, canbeador, moradores enna dita çidade e Juan Branquo, scripvan.