GMH/ÍNDICE A-Z

13

1416, outubro, 24.
O Bacharel en decretos, Gómez Rodríguez recoñece ter recibido os 400 maravedís do seu salario polo oficio de avogacía correspondente a este ano.

Viinte et quatro dias do mes de oytubre. Sabean todos que eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurado da dita çidade de Santiago, outorgo et connosco que reçebi de vos Bernald Eanes do Camiño et Gil Peres, procuradores do conçello da dita çidade quatroçentos maravedis de moeda vella, contando branqua a tres dineiros, os quaes eu ey de aver do dito conçello por lo ofiçio de avocaçia este anno da feita desta carta et os quaes maravedis reçeby en esta guysa de vos o dito Bernald Eanes, dusentos maravedis, et de vos o dito Gil Peres os outros dusentos maravedis et renunçio a toda eçepçon que non diga ende o contrario et a a ley do aver non dado et contado, visto et reçebido en presença do notario et testemoyas. Et nos os ditos Bernald Eanes et Gil Peres asi o reçebemos. Testemoyas Martin Serpe, alcallde enna dita çidade et Juan Fernandes et Fernan de Sobrado homes do dito Martin Serpe.