GMH/ÍNDICE A-Z

83

1418, maio, 9.
Afonso da Cana declara ter recibido o salario que lle correspondía do ano 1417.

Daquy ajuso por lo scusador.
Nove dias do mes de mayo. Sabean todos que eu Afonso da Cana, servente do conçello da çidade de Santiago outorgo e connosco que reçebi de vos Alvaro Gil, procurador do dito conçello duzentos e noventa maravedis, branqua en tres dineiros, os quaes me eran devidos dos meus selarios e vistuarios dos annos pasados que se fiinçeron por lo primeiro dia do mes de março deste anno da feita desta carta e os quaes maravedis outorgo que ey en meu jur e poder e renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario e aa ley do aver non dado nen contado e pagado, visto nen reçebido en presença do notario e testemoyas e a a ley que dis que a dita eixençon se pode opõer en termino e tenpo çerto et dou por quito e livre a o dito conçello dos ditos maravedis para sempre et eu o dito Alvaro Gil que presente soo asi o reçebo Testemoyas. Garçia Peres de Buño, notario de Duvra e de Montãaos e Afonso Peres scripvan.