GMH/ÍNDICE A-Z

302
1334, xaneiro, 17. Lugo
María Pais véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 40 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 117x421 mm.

Sabeam quantos esta carta virem, commo eu Maria Pellaes, filla de Marina Pascoella et de Pay Corçon, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, dous dineiros cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço de Pedreda con toda a renda et serviço et vianda que me perteeçe y, et con todo o iur do padroadigo que me perteeçe de presentar a a dita iglesia, et con todas suas dereyturas et pertenenças. Et reçebo de vos en preço por esta vençon quaraenta soldos desta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrega et ben pagada, et renunçio a exçepçon que por min possa aver para contra esta vençon viir, que as non posa diser nen alegar por min nen por outrem, en iuyço nen fora del. Et para esto assy comprir et guardar et para contra esta vençon non viir faço iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con minnas maos, et obligo min et todos meus bees, de vos faser senpre esta vençon de pas. Et des oie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo XVIIe dias de ianeiro, era de mill et CC LXX et dous annos.

Testemoyas: Gomes Aras de Boveda; Iohan Eanes et Affonso Eanes, et Pedro Eanes Rimiae ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et vi commo a sobredita Maria Pelaes feço o dito iuramento et esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal. (+).