GMH/ÍNDICE A-Z

96
1310, marzo, 7. Lugo
O Cabido dóalle ao bispo o Agro Granno e recibe a cambio cinco terzas de centeo anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 52r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, et o cabidoo desse meesmo lugar, tanguda campaa a cabidoo segundo que he custume na eglesia de Lugo, fasemos entre nos tal escambeo firme et valedeyro por senpre: conven a saber que nos o cabidoo sobredito damos por iur de herdade para senpre a vos don frey Iohan, obispo sobredito, et a os outros bispos que veeren despoys de vos na yglesia de Lugo, o nosso agro que he chamado Agro Granno, o qual ora ten de nos Pedro Fernandez do Campo, assy como esta valadado. Outrossy nos o bispo sobredito damos a vos, iadito cabidoo, por escambeo do dito agro que aiades para senpre çinquo terças de çenteo cada anno por dia de Santa Maria d'agosto pel-los nossos casares de Gunteyriz en salvo [de todoo] que y ouver, salvo trigo ou faves ou outra legumea. Et que esto seia çerto et non venna en dulta, nos o bispo et cabidoo sobreditos mandamos [...] a Affonso Perez, notario publico de Lugo, fazer duas cartas tal huna commo a outra, et en cada huna dellas possesse seu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto esto dentro enno tesouro da eglesia de Sancta Maria de Lugo hu he acustumado desse fazer o cabidoo, era de mill et CCC et XLVIIIº annos et quotum VII dias andados de marzo.

Presentes foron: don Martin Eanes, archidiago de Neyra; don Fernan Eanes, archidiacono de Sarria; don Maestre Affonso, archidiacono de Deçon; don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; don Bezera (sic), iuyz de Lugo; Rodrigo Alvarez, coygo de Lugo, testemoyas.

[...] et a rogo do bispo et cabidoo sobreditos esta carta escrivi [...].

SIGNO

(O signo correspóndelle ao notario Afonso Pérez).