GMH/ÍNDICE A-Z

294
1348, maio, 11
venda

Xoán Vidal do Pereiro e a súa muller, Dominga Vázquez, véndenlle a Lopo Rodríguez de Sabadelle unha renda de 18 libras anuais sobre os seus bens en Terra de Aguiar e couto de Castadón, por 200 libras.

ACOu, Escrituras X, 19

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Johan Vidal do Pereyro e eu Dominga Vaasquez sua moller por mandado e outorgamento do dito meu marido, moradores enno lugar de Cataliña Affonso que está en Prexegueyroo, anbos en senbra e cada huun de nos por sy, por nos e por toda nossa voz vendemos e logo por esta presente carta entregamos a vos Lopo Rodrigues escudeiro, fillo de Rodrigo Ares cavaleiro que foy e de Aldonça Rodrigues sua moller, e a toda vossa voz para senpre, dez e oyto libras de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso de que contan qoreenta par de diñeiros noves por tres libras, as quaes xviiiº libras queremos e outorgamos que as aiades vos e toda vossa voz para senpre cada anno por dia de Sam Martiño do mes de novenbro por todos os beens movilles e rayzes que nos avemos e nos perteençen en qual quer maneira e por qual quer rason en terra d’Aguiar e enno couto de Castadon, polas quaes des e oyto libras que vos vendemos outorgamos que reçebemos de vos bem e conpridamente todo o preço que a nos e a vos aprouvo de nos vos por elas dardes, conven a saber dusentas libras de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso de que contan qoreenta pares de diñeiros novees por tres libras, das quaes dusentas libras nos outorgamos por entregos e ben pagados e renunçiamos sobrelo expressamente aa lee que dis que o notario e as testemuyas deven a veer contar o aver e fazer a paga en diñeiro ou en (enpregas). Et para vos e vossa voz averdes en pas e en salvo para senpre en cada huun anno ao dito termio as ditas xviiiº libras que vos vendemos commo dito he obligamos a vos espeçialmente os ditos nossos beens que nos avemos nos ditos lugares por que vos vendemos as ditas des e oyto libras commo dito he, os quaes beens nos ao tenpo dagora non teemos obligados a outre e en geeral vos obligamos todos os outros nossos beens gaañados e por gaañar. Et logo todo jur, señorio, possison, propiadade, vos e auçon e dereito que nos avemos e nos perteençen nos ditos beens por que vos vendemos as ditas xviiiº libras cada anno commo dito he, todo o tollemos e paramos e removemos de nos e de toda nossa vos e poemolo en vos o dito Lopo Rodrigues e en toda vossa vos para senpre. Et por esta presente carta vos metemos en corporal possisson deles en esta maneira, que avendo vos cada anno por elles as ditas xviiiº libras commo dito he que nos e nossa vos que aiamos os ditos beens. Et quen quer da nossa parte ou da estraya que vos contra esta carta e venda que nos de nosso grado fazemos veer en parte ou en todo, aia a yra de deus e a nossa maldiçon et peyte a vos ou a vossa voz por nome de pena çen mrs. da boa moeda e aa vos del rey outros tantos. Et a dita pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, onze dias de mayo, era de mill e tresentos e oyteenta e seys annos. Testemuyas que a esto foron presentes Ruy Peres e Martin Gonçalves clerigos do coro da igleia d’Ourense e Johan Fernandes mercador e Ruy Lourenço e Johan Ledo escrivan moradores en Ourense.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escrivi e meu nome e signal y fis que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Lopo Rodrigues do Pereiro.

Carta do Pereyro.