GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1042
1435, marzo, 13. Lugo

Don Martín Vidal, deán, e os restantes membros do Cabido de Lugo escoitan a lectura dun documento de fundación dunha coenxía na igrexa catedral, feita no 1379-VII-1 (CD nº 798) e, segundo as condicións desta fundación, aceptan a proposta de nomeamento que se fai a favor de don Pedro de Cela.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/12, perg. orix., galego, cortesá, 470 x 575 mm.

LUGO, AC. Tumbillo Nuevo, fs. 148 r.- 158 v., con referencia ó Lib. 2º nº 4.

CAÑIZARES: pp. 1154-1162.

PIÑEIRO: Memorias..., T. IV, f. 35 v.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et çinquo anos, treze dias do mes de março. En a çidade de Lugo et en o thesouro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo que [...] Capela de San Bertolameu da dita iglesia seendo juntados capitularmente en seu cabidoo por tangemento de canpaa, segundo que han de uso et de custume, don Martin Vidal de Santiago, dean, et don Afonso Martines, chantre [...], et don Lopo Afonso, arçediano de Deçon, et Afonso Rodrigues, et Pedro Afonso, et Rodrigo [...], et Alvaro Afonso, coengos da dita iglesia, en presença de min notario et testemoyas a iuso scriptas paresçeu y presente Pedro Lopes de Aguiar, coengo da dita iglesia, et presentou et por min, dito notario, fezo leer huan [procuraçon] signada dos signos de Nuno [...] et de Fernando das Cortinas, raçoeyro da dita iglesia, et notarios publicos, do qual instromento o tenor de vervo a vervo he este que se sigue:

segue a continuación o documento do 1379-VII-1, (CD nº 798).

liudo et presentado o dito Pedro Lopes diso a os ditos dean et cabidoo que ben savian que Gonçalvo [...] capelan da Capela [...] don frey Pedro Lopes da boa memoria, Obispo que fora de Lugo, et canonigo da calongia et prebenda a a dita capelania anexos [...] presentar [...] et por sua morte vacaron, et que el era o parente mays chegado do dito frey Pedro Lopes, benefiçiado en a dita iglesia de Lugo, et segundo o tenor do dito contrauto que a el perteesçia nomear et escoller et presentar clerigo ydoneo a as ditas capelania, calongia et prebenda a ela anexas a Pedro de Çela, clerigo de misa, que presente estava, segundo [...] o tenor do dito contrauto en a mellor forma et maneyra que podia et devia, et que pedia et requeria a os ditos dean et arçidiagos de Neira et de Deçon, vigarios, vagante a see en a dita iglesia et obispado de Lugo, que confirmasen as ditas nominaçon et escollimento et presentaçon por el feytas a o dito Pedro de Çela si [...] quanto lle fasia mester et lle era neçesario de dereyto, et lle proveesen das ditas capelania, calongia et prebenda. Et logo os ditos vigarios diseron, que visto et considerado o dito contrauto, que confirmavan et confirmaron as ditas nominaçon et escollemento por lo dito Pedro Lopes a o dito Pedro de Çela, segundo dito he, feitas et en quanto lle era neçesario de dereito que lle provian et proveeron por a posison de seus birretes das ditas capelania et calongia et prebenda a ela anexas con os cargos et condiçoes en o dito contrauto contiudas. Et esto asi feyto o dito Pedro Lopes requeriu a os ditos dean et cabidoo que reçebesen a o dito Pedro de Çela por [vigor] do dito contrauto en coengo prebendado da dita iglesia et yrmao et companeiro deles et o reçebesen a a posison corporal, real et autual das ditas capelania, calongia et prebenda a ela anexas, et lle asignasen estalo en o coro da dita iglesia, et lugar en o capitulo, et ho mandaren scripvir en a matricola donde son scriptos os outros coengos et benefiçiados da dita iglesia, et responderlle con os froytos, rendas, proveytos et [servi]çioos a as ditas calongia et prebenda perteesçentes, segundo responden a os outros coengos et benefiçiados da dita iglesia, et se o asy feçeren que farian o que devian, et fasendo o contrario que protestava et protestou solempne et expresamente, segundo mellor devia, que os ditos dean et cabidoo encorresen en as penas contiudas en o dito contrauto. Et logo os ditos dean et cabidoo satisfazendo a o dito contrauto diseron que reçebian et reçeberon a o dito Pedro de Çela por vigor do dito contrauto en coengo prebendado da dita iglesia et yrmao et companeiro deles, et o reçeberon a a posison corporal, real, autual das ditas capelania, canongia et prebenda a ela anexas, et mandaron a o dito Alvaro Afonso, coengo da dita iglesia, que lle asignase estalo en o dito coro da dita iglesia en a parte do dito dean, et mandase a Rodrigo Yanes, signeiro da dita iglesia et lugarteniente de moordomo [...], que o scripvise en o livro da matricola donde son scriptos os outros coengos et benefiçiados da dita iglesia, et que lle dese et pagase en signal de posison a renda da prebenda de aquel dia. O qual dito Alvaro Afonso de mandado dos ditos dean et cabidoo en presença de min notario et testemoyas a iuso scriptas tomou o dito Pedro de Çela por la mao dereyta et staloo et asentoo en huna seeda do dito coro da dita iglesia da parte do dean, et diso que por vigor do poder a el dado que o poyna et poso a o dito Pedro de Çela en a posison corporal, real et autual das ditas calongia et prebenda a a dita capelania, que vacara por morte do dito Afonso da Bayla, anexas et [...] Rodrigo Yanes, signeiro que o fezese scripvir en o dito libro da matricola onde son scriptos os outros canonigos et benefiçiados da dita iglesia, et lle dese a renda da prebenda do dito dia. Et logo o dito Rodrigo Yanes fezo scripvir a o dito Pedro de Çela en o libro da dita matricola et lle pagou a renda da dita prebenda do dito dia en signal de posison das ditas calongia et prebenda. Et esto feyto logo o dito Alvaro Afonso tornouse con o dito Pedro de Çela a o dito cabidoo onde estan capitularmente aiuntados os ditos dean et cabidoo et asignoulle lugar en o dito cabidoo et fesoo asentar en el. Et o dito Pedro de Çela d’esto en como avia pasado pedeu a min, o dito notario, que lle dese huun instromento, ou mays, quantos lle feseren mester para garda de seu dereyto.

Testemoyas os ditos capitulantes, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et este publico instromento fiz escripvir a rogo do dito Pedro Fernandes, coengo, et en el puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.