GMH/ÍNDICE A-Z

1082
1450, xaneiro, 3.

Frei Rodrigo Ares, con poder do bispo, afóralles a Ares López e a dúas voces a leira de Albergaría na freguesía de San Remixio de Bazar, por renda anual de dúas fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/24, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 160 mm.
   

Sabeam quantos esta carta de foro viren como eu frey Rodrigo Ares, meestre theolisia, frayre da orden de San Domingo, procurador et regedor que soo dos beens et herdades pertesçentes a o Espital et Albergaria de Santa Maria da çiudade de Lugo, que esta açerca da Carniçaria da dita çiudade de Lugo, por poder çerto que me para ello deu don Garçia de Vaamonde por la gracia de Deus, Obispo da dita çiudade, vendo et entendendo que he boo paramento et probeyto para o dito Espital et raçoeyros del por quanto ha leyra da Alvergaria, que ias en a aldea de Baçar, sub signo de San Beleyximo de Baçar, et por quanto vos Ares Lopes de Baçar tinades foro della et aprasastes a ella outras herdades, que iasen no dito lugar, et a tirastes de monte et agora dades por ella mays, aforo a vos, o dito Ares Lopes, et a outras duas personas depus que vos a dita leyra et herdade que a ella teedes aprasada, conven a saber que seia huna persona aquel ou aquella que vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que vos asy nomeardes, et non sendo nomeada persona que seia aquel ou aquela que herdar vosos beens et seus, ou mays parte delles; a qual dita leyra vos asy fere con as outras herdades chamadas do casario de Caçello que vos aprasastes a a dita leira, segundo et en a maneira que as ora tragedes et labrades, con seu prado et entradas et seydas a ella pertesçentes. Et avedes de dar en foro et penson por ella duas fanegas de çenteo linpo de poo et de palla et medidas por la teega do Espital por que se medir outro pan do dito Espital postas por vosa custa dentro na casa do dito Espital ho tenpo et mao que o a dita leyra der de dous en dous anos. Et a finamento da postrimeira persona que a dita leira et herdades que a ella aprasades fiquen libres et quitas a o dito espital con todos los boos paramentos que en ella foren feitos. Et avedes a pagar o dito pan a a mao et sason que a dita leira der o dito pan desde Santa Maria d’agosto ata Santa Maria de setenbro, et non pagando este dito pan vos ou as ditas persoas hos dias pasados depoys dito praso que seia vaco et ho posa reçeber o procurador do dito Espital.
Et eu, o dito Ares Lopes, que presente soo por min et por las ditas persoas assy et con esta condiçon ho reçebo et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas a o atender et comprir et pagar segundo et en a maneira que sobredita he. Et eu, o dito frey Rodrigo Ares, vos lo outorgo et porque seia çerto et non bena en dulta firmei en esta carta de foro meu nome [...]ndamento rogey et mandey a Nuno Garçia, escripvano et notario publico de noso senor el Rey, que o signase do seu signo.

Que foy outorgado [...] Rodrigo Ares dentro en o tendal das suas camaras, tres dias de janeiro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta anos.

Testemoyas que foron presentes: frey Afonso Moran, doutor, prior do dito Moesteiro; et Gil Peres de Saa, et Fernan de Saa, morador en Sayoane de Pena, et outros.

Et eu, o sobredito Nuno Garçia, escripvano et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los seus Reynos, a esto que sobredito he con os sobreditos testigos presente foy et esta carta de foro escripvi por rogo et mandado do dito frey Rodrigo Ares, et por que pasou asy et a pedimento do dito Ares de Baçar puge en ela este meu nome et signal que he tal en testemoyo de verdade.
Nuno Garçia, notario (signo).

Frater Rodericus Arie, magister in theologia.